A demolición do acceso ao Chuac afecta ao tráfico na zona até o xoves

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, e polo xerente da área sanitaria da Coruña-Cee, Luís Verde, supervisou as obras de derrube do viaduto da AC-12 polos accesos ao 'Novo Chuac'.


|

La delegada territorial de la Xunta en A Coruña, Belén do Campo, supervisa las obras por la demolición del viaducto de la AC-12
 

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, e polo xerente da área sanitaria da Coruña-Cee, Luís Verde, supervisou as obras de derrube do viaduto da AC-12 polos accesos ao 'Novo Chuac'.
Trátase dunha actuación que se desenvolve mediante un proceso de demolición controlado das súas estruturas durante este luns, martes e mércores e en varias fases.

Durante a visita, a delegada destacou o despregamento previsto para este tres días nos que unhas 40 persoas traballarán en diferentes quendas para garantir a actividade as 24 horas ao día.

Será, segundo a Xunta, "co obxectivo de axilizar ao máximo os traballos, reducir o tempo de execución e minimizar as molestias á cidadanía e as afeccións ao tráfico".

Belén do Campo fixo un chamamento á prudencia ás persoas usuarias desta contorna, recomendando evitar, na medida do posible, esta zona, e, en caso de ter que circular por ela, seguir as indicacións e accesos habilitados.

Segundo explicou, a operación de derrube iniciouse esta noite coa demolición de parte dos segmentos do viaduto situados nos bordos da AC-12. A delegada territorial ha sinalado que o obxectivo é concentrar as actuacións máis complexas nestes días para poder reabrir ao tráfico a avenida da Pasaxe o vindeiro xoves.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE