Iniciativas culturais en Ourense: o 8 de maio

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Acto en O urense PSOE
Acto en O urense PSOE

Sobrevivimos na cidade de Ourense, nun declive cultural sen precedentes. Lonxe quedan as axudas do Concello a institucións que desde o pasado ao presente, seguen enchendo de vida a vella Auria, e non existe vontade de mudar esa tendencia de privatizalo todo. Pero aí están as Fundacións Vicente Risco e Curros Enríquez cunha oferta impresionante. Non esquezo á Fundación Otero Pedrayo coas interesantes xornadas no abril Oteriano e a presentación doutro epistolario máis de D. Ramón. Do Liceo de Ourense, nada que dicer, porque calquera pode comprobar que ten a honra de ser o Templo da Cultura galega. E só reproduzo as palabras de moitos escritores, poetas e artistas galegos. Do Foro “La Región” que atende a multitude de temas de actualidade, con ponentes de prestixio e cunha pluralidade encomiable, só podemos estar orgullosos de que o noso xornal local manteña estes retos con continuidade nestes tempos de desalento. Algunhas asociacións de veciños programan unha interesante oferta cultural, e agrupacións musicais van adquirindo un bo nivel que van perfeccionando con constancia e dedicación.

 

Outros grupos, por ser minoritarios, non son menos importantes. Entre eles está a Agrupación municipal de PSdeG-PSOE e Xuventudes socialistas de Ourense que ven de celebrar o día 8 de maio. Este día fora elexido festivo na Franza en 1953, para conmemorar a victoria dos Aliados sobre os poderes fascistas. Despois de que Charles de Gaulle quitara a festividade seis anos despois, foi en 1981 cando François Mitterrand a recupera. Así en Ourense, rendiron homenaxe a milleiros de persoas que non lles quedou outra que exiliarse, como consecuencia da guerra civil. Para elo proxectaron un documental producido por TVE e a Fundación Pablo Iglesias en 2002, coa idea de Alfonso Guerra, música de Jorge Maletá e dirección de Pedro Carvajal; pódese ver na rede na web de Cervantesvirtual. O acto de homenaxe foi presentado por Natalia Beneitez e interviron Xosé Lois Carrión e J. Ramón Morgade, que recitou varios poemas. Faltou un tempo de debate e un intre musical, con todo, a iniciativa estivo chea de emocións cando falaban os poetas como León Felipe: Franco... tuya es la hacienda…/

la casa, el caballo y la pistola…/Mía es la voz antigua de la tierra./Tú te quedas con todo /y me dejas desnudo y errante por el mundo…/mas yo te dejo mudo... ¡mudo!… /¿Y cómo vas a recoger el trigo/y a alimentar el fuego /si yo me llevo la canción? 

 

Tamén se xenerou un silenzo reflexivo cando algunhas testemuñas eran críticas coa propia esquerda asasina de Stalin. Non quero imaxinar este tipo de actos sen sobresaltos. Porque nunca estivo a perfeizon en maus de ningunha ideoloxía. Outra cousa é a excelencia de saber gañar e perder na democracia actual. Outra cousa é coñecer as orixes de cadaquen, e en calquera caso, a capacidade de mudar de rumbo coas novas xerazóns. Porque as ideoloxías que non evolucionan, están condeadas a repetir os erros ou de cometer outros peores. E así, no entorno do Centro Cultural da Deputación de Ourense, un bo grupo de persoas encheron a “sala Progreso”para dar voz aos exiliados e lembrar todo o que este país perdeu a nivel intelectual e social. Estes actos potencian a mentalidade democrática e desenvolven a realidade plural do noso entorno intelectual. Pois para iso só hai que ler e pensar, para que ninguén pense por nós e chegue a convencernos de que se chegamos a ser escravos, será para o noso ben. O feito de ollar para a historia sen complexos é unha realidade noutros países de Europa. Desde hai moitos anos, algúns antigos campos de concentración nazis foron transformados en museos. Para que non volva acontecer o que nunca tivo sentido, que arrebatou millóns de mortos e xenerou miseria, sufrimento, dor e separación. Pois como dicía Cicerón: “No saber lo que ha sucedido antes de nosotros es como ser incesantemente niños”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE