A folga en Educación provoca unha guerra entre sindicatos, con acusacións de "bulos" e "traizóns"

Os convocantes da folga aseguran que as medidas do acordo entre CCOO, UXT e ANPE son son "totalmente insuficientes" e "insultantes"


|

Educación
Arquivo - O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na firma do acordo de cocientes con José Manuel Fuentes (#CCOO), Xullo Díaz (ANPE) e Sandra Montero (#UXT)

A folga de educación convocada para este martes, 24 de outubro, provocou que os sindicatos convocantes, CIG, CSIF e CTEG, inicien unha guerra contra os grupos sindicais da oposición, CCOO, UXT e ANPE, despois de que lestes asinasen un pacto coa Xunta de Galicia, que os folguistas tachan de "electoralistas".

 

O pasado mércores 18 de outubro Comisións Obreiras, #UXT e ANPE reuníanse co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, para asinar un acordo, cualificado polo propio Rueda como de "histórico" e que supón un "punto e seguido" co fin de, afirman, mellorar as condicións laborais dos docentes e do sistema educativo galego.

 

O acurdo contempla, entre outras cousas, a diminución do horario lectivo nas aulas de Infantil e Primaria, pasando de 25 a 23 clases semanais para o profesorado. Por outra banda, o documento recolle aumentos retributivos, elevando os sexenios por formación permanente un 5% durante os tres anos.

 

Con todo, #CIG, #CSIF e STEG, sindicatos maioritarios en educación, anunciaron que se desmarcan deste acordo debido a que, afirman, trátase dun acordo "que no seu maior parte é só palabra, non se traduce en feitos". Falan tamén da redución de cocientes e a recuperacicón da carga lectiva, un asunto do que aseguran que a Xunta se desentendió desde que se reclamou en 2011, afirmando que "non só recuperaron a situación anterior, senón que Euskadi mesmo baixou a 17 horas de horario lectivo".  Aseguran que o aumento de horas en Infantil e Primaria tivo consecuencias directas "na calidade educativa".

 

É por todo iso que os sidicatos maioritarios —a #CIG conforma un 45% dos delegados— convocaron a folga deste martes, e que se completará cunha manifestación que percorrerá as rúas de Santiago a partir das 12:00 con saída da Praza de Cervantes. Unha folga contra a que o resto de sindicatos decidiu loitar e boicotear.

 

A #CIG supón un total de 67 delegados, dos 156 totais, que na convocatoria desta folga uniuse ao Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), sindicato con 10 delegados e que avoga pola defensa dunha "escola pública, feminista, laica e con independencia de calquera interese que non sexa o dos traballadores", e á Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF), sindicato que se mantivo sempre moi distante ideológicamente á CIG e conta con 9 delegados.

5675581

CONVOCATORIA DE CIG, CSIF E STEG

Na súa convocatoria de folga, os tres sindicatos denuncian que "a Consellería de Educación decidiu dar carpetazo ao acordo asinado recentemente con tres sindicatos ás demadnas que durante anos mantén o profesorado galego". Aseguran, ademais, que as medidas deste acordo son "totalmente insuficientes" e "insultantes".

 

No texto, asinado por CIG , #CSIF e STEG, denuncian a limitación da redución de 23 horas lectivas nos colexios en lugar de 21, a non recuperación do horario lectivo do profesorado de secundaria e outros ensinos, a extensión a nove anos da redución dos cocientes en Primaria e a ausencia de medidas para a redución da burocracia.

 

Así as cousas, os grupos convocantes han indicado que a negociación levada a cabo na Mesa Sectorial contou co apoio dunha minoría sindical. Indican que #CCOO, ANPE e #UXT contan cunha suma de sete representantes, fronte ao oito da #CIG. Isto aseguran que se trata de" unha falta de respecto da Xunta ante a vontade maioritaria do profesorado". Indican tamén que o 59% dos delegados, que é a porcentaxe que representan os tres sindicatos que se sitúan en contra do acordo no total de delegados, mobilizáronse "para melloralo".

 

Finalizan aclarando que as tres organizacións sindicais mostran rexeitamento a este acordo e manifestan a súa intención "de superalo". "Consideramos que non pode quedar sen resposta e que debe ter ao profesorado como protagonista".

 
ACUSACIÓNS MUTUAS

Entre convocantes e non convocantes producíronse duras acusacións. Os sindicatos que están en contra da folga lanzaron unha campaña de crítica á folga enviando emails aos profesores.

 

Comisións Obreiras acusa así nos seus comunicados á #CIG e o resto de sindicatos convocantes de "enganar ao profesorado" e acusa o sindicato nacionalista de non facer "ningunha proposta de negociación nas mesas sectoriais" do 2 e 4 de outubro. Así mesmo, falan de que a #CIG utiliza unha "linguaxe bélica", co fin de" descualificar a outras organizacións sindicais", ademais de que este sindicaro presenta "contas falseadas".

 

"Na súa proposta non apareción por ningunha parte o incremento no complemento da función tutorial e outras funcións docentres, polo que incorporala agora", aseguran desde #CCOO, "é miserable".

 

#UXT, pola súa banda, criticou á organización sindical maioritaria (#CIG) acusándoa de non estar dispostos "a sentar coa Administración nunha negociación e chegar a acordos". Denunian, así mesmo, que "en case treces anos" non puideron acrodar na mesa sectorial "ningunha mellora laboral para o profesorado nin unha recuperación ningunha de dereitos".

 

"Resulta moi rechamante que nas tres mesas sectoriais que tiveron lugar até chegar a un acordo, as tres organizacións asinantes foron facendo propostas, e só un sindicato mantívose nunha postura pecha sen ningún tipo de proposta alternativa", denunciou #UXT facendo referencia á #CIG, á que acusa de ter "unha axenda oculta" e "non centrar no interese do profesorado galego", pedindo ademais que o sindicato nacionalista céntrese en "mellorar as condicións de traballo do profesorado".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE