Aumenta a transmisión da Covid-19 ao detectar 254 contagios en Galicia en apenas 24 horas

Un problema no Servizo Galego de Saúde impediu ao #SERGAS actualizar os datos ao longo da mañá. Con todo, o último informe da Covid-19 mostra un aumento no referido aos contagios, seguindo a pauta que vén marcando desde hai uns días -a razón de taxas é de 1,17, o que se traduce en que na última semana rexistrouse un 17% máis de casos que na anterior-. En só 24 horas detectáronse 254 novos positivos.

 


|

Un problema no Servizo Galego de Saúde impediu ao #SERGAS actualizar os datos ao longo da mañá. Con todo, o último informe da Covid-19 mostra un aumento no referido aos contagios, seguindo a pauta que vén marcando desde hai uns días -a razón de taxas é de 1,17, o que se traduce en que na última semana rexistrouse un 17% máis de casos que na anterior-. En só 24 horas detectáronse 254 novos positivos.

 

A transmisión vai en aumento e de seguir a este ritmo pronto empezaremos a percibir o aumento de forma cada vez máis significativa no número de casos activos, que hoxe volven superar os 2.000 ao sumar 82 máis nun só día. Hai 2.069 casos activos e a media móbil semanal indica que crecemos por encima do 2,4% diario.

 

Os hospitais resisten, aínda que tamén perciben esas subidas. Desde onte incrementouse o número de camas ocupadas en planta até as 163, tres máis, mentres que a #UCI contan nestes momentos cun ingresado máis que onte, subindo o número total de hospitalizados na unidade de críticos até o sete.

 

 

O número de pacientes diagnosticados con covid-19 ingresados en #UCI subiu a sete (un máis) nas últimas 24 horas, mentres que os ingresados en planta ascenden a 163 (tres máis).

Así figura nos datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ás 18,00 horas deste martes. Nese momento, as infeccións activas incrementáronse até as 2.069 (82 máis) e os novos contagios até os 254 (42 máis).

Do mesmo xeito, a Xunta informa de 3.926 falecidos, mesmo número que no último balance.

Por contra, a Xunta non notifica falecementos, co que a cifra global desde o inicio da crise sanitaira mantense en 3.926. Ascenden tamén os galegos que se recuperaron da enfermidade, até os 675.050 (+170) e o número de PCR realizadas, 3.988.000 (+650). Con respecto ás vacinas, fornecéronse algo máis de 6,9 millóns de doses.

 

DATOS POR ÁREAS

Por áreas, a principal variación respecto ao balance do martes son os dous pacientes en #UCI que suma a da Coruña e o que baixa na de Vigo. En hospitalización convencional, o distrito coruñés continúa co maior volume de pacientes covid con 61 (+3) mentres que Vigo está á cola con 13 (+1).

Pola súa banda, Pontevedra contabiliza 25 en planta (+2) e un en #UCI (sen cambios); Santiago, 17 en unidades convencionais (-3) e ningún en críticos; Lugo, 15 en planta (-6) e cero en #UCI (sen cambios); Ourense, un crítico (sen cambios) e 18 en planta (+1); e, finalmente, Ferrol con 14 ingresados (+3), todos en unidades convencionais.

 

 

CASOS E POSITIVOS

Nas últimas horas, Ourense foi a área con maior número de positivos con 54; seguida da Coruña con 47; Lugo con 43; Vigo con 35; Santiago con 32; Ferrol con 22 e, á cola, Pontevedra con 19.

Así, a área con máis casos activos segue sendo a da Coruña, con 453, seguida de Ourense, con 359, e a de Santiago, con 328. Na área de Vigo hai 308 casos activos, 258 na de Lugo e 217 na de Pontevedra-O Salnés. A área con menos casos segue sendo Ferrol, con 143.


 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE