María Rozas (Compostela Aberta): “Santiago está levantado pero as fochancas xa non abren os titulares”

Galiciapress entrevista a carea da marea Compostela  en Santiago de Compostela, a concelleira María Rozas, dentro da quenda de conversas con alcadábeis das cidades galegas. 


|

Licenciada en Políticas, María Rozas Pérez, ten experiencia abondo na política local pese a súa xuventude (1981), pois foi concelleira de Economía na anterior lexislatura, cando Compostela Aberta (CA) logrou gobernar a capital de Galicia.

 

Experta en  xestión económica e con experiencia na consultora T-Systems, Rozas defende a labor daquel executivo de Martiño Noriega, aínda que recoñece erros. De feito, asegura que o actual alcalde, Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG) a miúdo acaba rematando por aceptar as propostas de CA pero con anos de atraso, como foi no tema da taxa turística.

 

A candidata leva poucos meses como voceira dos ruturistas en Santiago. A súa predecesora, Marta Lois, anda ultimamente máis centrada no lanzamento de Sumar en Galicia. O papel de CA na marca que presentará Yolanda Díaz é precisamente, un dos temas desta conversa. Outros son o caso Pichel, o futuro da casa da Xuventude, os hipotéticos pactos post electorais e o poder da prensa na vida política local.

 

Presentaciu00f3n de la lista de Compostela Aberta que encabezaru00e1 Maru00eda Rozas
Presentacio´n de la lista de Compostela Aberta que encabezada por María Rozas

 

Finalmente, parece que en Compostela non haberá división na esquerda rupturista e Podemos estará nas listas de Compostela Aberta …
 

Sí. Podemos participará nas listas de Compostela Aberta. O número 6 nas listas de Compostela Aberta será o representante elixido por Podemos no seu proceso interno. 


 

Outra cuestión de ámbito puramente político. Yolanda Díaz vai presentar este fin de semana o seu proxecto Sumar. Hai moita expectación no seu espazo político sobre quen se vai deixar ver e quen vai evitar ir a ese acto. Irá María Rozas? Irá alguén en representación de Compostela Aberta?

 

Eu non irei pero en representación de Compostela Aberta a persoa implicada no proxecto de Sumar en Galicia é Marta Lois. A vin vaime ser imposible pero de todas formas en Compostela Aberta temos claro que a nosa aposta é no ámbito municipal e estamos plenamente involucradas niso, no municipal, que é algo do que me sinto moi orgullosa.

 

Rozas, Yolanda Du00edaz y Marta Lois en una imagen del Facebook de Compostela Aberta
Rozas, Yolanda Díaz y Marta Lois en una imaxen del Facebook de Compostela Aberta

 

Centrémonos logo no municipal. O Concello e a Deputación acaban de anunciar un acordo para ceder o edificio da vella Casa da Xuvente á Deputación para que faga alí un centro de coworking. Polo contrario, o candidato do PP prometeu derrubar o vello edificio para abrir unha nova entrada que comunique o Parque de Belvís coa zona vella. Cal é a postura de Compostela Aberta?
 

Non estamos de acordo con esa proposta de derrubo. Nós creemos que Santiago ten necesidade de espazos para uso público e que, tal e como demanda a veciñanza da zona, sería una pena perder ese espazo. 

 

Tamén estamos totalmente en contra da proposta do partido socialista, tanto no contido como nas formas. Hai que ver se o que propoñen é algo para o que existe demanda. En Santiago, descoñecemos cal é a demanda para facer un espazo de coworking centrado no metaverso ou para poñer alí unhas oficinas de recadación. De feito, incluso podería preguntar si este lugar máis adecuado para tal fin. 

Do que si existe demanda é para os usos que tiña a casa da xuventude ata hai tres anos, cando lle foron retiradas. Tiña unha actividade bestial, todos os dias tiña algo en axenda e nos defendemos iso, que se volva falar cos colectivos sociais para que así non desapareza a casa e que non se converta nun edificio administrativo máis, que parece que os de Bugallo teñen moito aprecio a crear edificios administrativos en Santiago e na miña opinión o Concello xa está ben dotado e debería destinar a instalación para uso social e para usos participativos. Despois tampouco estamos de acordo nas formas, non nos parece normal que a poucos días das eleccións dous señores se reúnan para decidir o futuro do edificio durante 25 anos. En CA non estamos de acordo e despois de maio reconducirémolo.

 

Vostedes foron os primeiros en denunciar que o Concello alugara unha nave a unha empresa na que tiña accións o concelleiro de Parques. Creen que coa dimisión de Pichel, o caso está pechado ou crea que haberá algunha derivada máis que se poida abrir?

 

Compostela Aberta, como dis, fomos os primeiros en denunciar esta situación. 

 

 

 

 

 

E como lles chegou a información? 

 

Foi algo que que descubrimos pois revisando expediente a expediente e chamou a nosa atención ese expediente, a forma que se facía, cun contrato directo con una empresa, sen solicitar ningún tipo de oferta a maiores. En Santiago abonda buscar en calquer portal inmobiliario e atopar moitas naves que poderían servir.
 

Ten máis recorrido legal o tema o veno pechado?

 

Nas cuestións legais hai unha petición de envio de toda a documentación a Fiscalía, porque a explicación ofrecida polo Concello ten moitas lagoas e en ningún momento nos quixeron dar máis información. Hai moitas dúbidas sobre a mesa na que se escolleu esta nave. O paso do tempo demostrou ademais que non era necesaria alugala, pasouse a recolocar estes mesmos departamentos en oficinas de propiedade municipal, sen necesidade de pagar  aluguer a ninguén. Sen embargo, no seu momento, pois decidiron pagar a una empresa, máis alá de que xa fora ou non  propiedade de Pichel, ¿porque se tomou a decisión de alugar?. Non foi como di o alcalde, un simple erro de Pichel, que non avisou de que era accionista desa empresa. Hai máis sente implicada nesa decisión, non só o concelleiro de Medio Rural. 
 

Nós botamos en falta máis máis transparencia. Queremos luz e taquígrafos para aclarar esta situación e insisto en que no Concello non o fixeron. A primeira reacción do alcalde foi atacar a Compostela Aberta, atacar a quen daba a noticia, atacar a nosa honestidade. Dixeron que mentimos, pero o tempo dá e quita razóns. Agora mesmo aínda hai moitísimas lagoas e  polo ben da hixiene democrática, Bugallo debería aclaralas. Temos claro que a fiscalía igual non é o lugar ideal para aclaralas, pero parece que non deixan outras opcións.

 

Maru00eda Rozas en una imagen del Facebook de Compostela Aberta
Maru00eda Rozas en una imagen del Facebook de Compostela Aberta

 

Outro tema clave nesta e na próxima lexislatura será a regulación dos apartamentos turísticos. Este goberno empezou advertindo que non se podían aprobar máis pero agora parece que vai sacar unha ordenanza que sí as permite, dentro duns parámetros.

 

Sempre fomos claros neste tema.  Demostramos que temos coherencia coas nosas propostas,  esteamos no goberno ou esteamos na oposición, a pesar de que algunhas propostas no seu momento foron moi criticadas e puido supoñernos un custo político.

 

Santiago ten un problema moi grande de vivenda, é un problema que existe en xeral, non só aquí, pero en Santiago é mais grave pola proliferación de vivendas de uso turístico. Neste sentido, regular as vivendas turísticas non é a solución para o todo problema pero sí é importante, tendo en conta que agora mesmo hai uns 1.000 pisos turísticos.
 

O problema da vivenda afecta non só aos estudantes tamén aos que queren vivir na cidade e son expulsados polos prezos. Hai que atopar un equilibro entre unha cidade turisticamente atractiva e un turismo sostible, un equilibrio que sexa cómodo para os veciños. No goberno de Sánchez Bugallo o que pasou foi outra vez que faltou capacidade de diálogo, capacidade de chegar á xente e pactar unha solución, pois nós entendíamos que por riba de todo o que se necesita e unha regulación. Agora o alcalde dixo que vai publicar a ordenanza e recoller alegacións de particulares que teñen vivendas de uso turístico. Polo de agora está moi verde, está en consulta pública; pero para nós é importante regulalas porque, repito, un dos maiores problemas de Santiago é a vivenda.

 

Falta un modelo de cidade. Ao final o que se viu durante estes catro anos é que o PSdeG e Bugallo están vivindo da inercia dos proxectos de Compostela Aberta e non só no eido turístico. 

 

A cuestión da vivenda está relacionada co modelo de cidade que defenden as diferentes forzas políticas. Se un votante de esquerdas estivese a dubidar entre apoiar a CA, o Bloque ou ao PSdeG, en qué lle diferenciaría o modelo de Compostela Aberta respecto as outras forzas?

 

O caso en concreto que estabamos falando creo que é demostración clara das diferencias. CA leva 8 anos apostando por un turismo sustentable, 8 anos apostando por regular as vivendas de uso turístico e hai que recordar que no pleno o BNG pois decidiu absterse, non se posiconou a favor de regular as vivendas de uso turístico.

 

Ademais, nós apostamos por unha regulación do uso do comercio no casco histórico, para recuperar ese comercio local e non ter una cidade histórica repleta de tendas de recordos. Isto é algo no que este goberno non quixo avanzar. 

 

Tamén sempre defendiamos a implantación dunha  taxa turística a pesar de que isto no seu momento seguramente non nos aportou ningún rédito electoral ou político. Sempre fomos coherentes e repetimos que necesitamos esta taxa turística e agora parece que por fin hai certo consenso, pero que no seu momento non o houbo, de feito Bugallo foi moi moi crítico con nós durante os sete anos que levamos reclamándoa. Agora parece que recuou, como recuou no da regulación dos pisos turísticos, pero tamén parece que goberna a golpe de improvisación. 

 

Falta un modelo de cidade. Ao final o que se viu durante estes catro anos é que o PSdeG e Bugallo están vivindo da inercia dos proxectos de Compostela Aberta e non só no eido turístico. Están vivindo das propostas de Compostela Aberta tamén  no da taxa porque tras catro anos agora rectificou, pero son catro anos perdidos, nos que se podían ter avanzado e tamén se podería ter feito unha regulación de vivendas de uso turístico. 

 

Tamén regular cuestións como o comercio local e avanzar no plan especial do casco histórico, que tamén foi unha cousa que estivo parada durante este mandato e que é moi necesaria para dinamizar a cidade histórica, que cada ano perde habitantes.

 

O candidato do Partido Popular pois está facendo propostas por riba das súas posibilidades e ás veces  vexo moitas propostas incoherentes ,que revelan gran descoñecemento de cidade

 

Dúas últimas cuestións. A pesar de estas diferencias co PSOE e co Bloque, supoño que todos os votantes de Compostela Aberta poden ter a confianza que, chegado o caso, CA non vai ser impedimento para evitar que o PP volva a gobernar Santiago …

 

Pareceríame moi mala noticia que o Partido Popular gobernase en Santiago cando temos a experiencia daqueles catro anos nefastos, foron catro anos e tres alcaldes diferentes, catro anos sen ningún tipo de política que se pode considerar positiva.  Polo tanto, pareceríame moi mala noticia. Ademais o candidato do Partido Popular pois está facendo propostas por riba das súas posibilidades e ás veces  vexo moitas propostas incoherentes ,que revelan gran descoñecemento de cidade. Sería moi mala noticia que o PP gobernase en Santiago porque aí está o pasado e hai que ter memoria.


Parecía que deixabas aos nenos sen comer, pois agora segue o mesmo modelo de comedores escolares e os pagos a provedores empeoraron

 

 

Na pasada lexislación Compostela Aberta recibiu un tratamento mediático agresivo, con aquelas portadas con alcumes como ‘alcade 4.0’ ou ‘o gorrechas’. ¿Como valorades o trato recibido en comparación co recibido polo presente equipo de Goberno?

 

Gústame moito esta pregunta. A persecución que sufriu CA por moitos medios foi moi inxusta. Recoñecendo que os medios teñen que ter criterio propio e dentro da súa labor está ser críticos cos gobernos … No caso de CA cuestións que abrían titulares agora non os abren. Calquera veciña ou veciño con memoria é evidente deste trato inxusto e desta persecución que sufrimos en CA e en concreto Martiño Noriega. 

 

Falábanse das fochancas e agora Santiago está todo levantado pero non abre titulares. Falábase dos comedores escolares, que parecía que deixabas aos nenos sen comer, pois agora segue o mesmo modelo de comedores escolares e os pagos a provedores empeoraron e a xestión esconómica empeorou
 

Agora ben, son una persoa autocrítica e hai que recoñecer que tivemos erros, aínda que houbo un trato inxusto, que non foi o que recibiu o equipo de goberno este mandato.


 

E o cambio de propiedade en El Correo Gallego ?

 

Recibo como unha moi boa noticia o cambio no Correo porque me consta que nesta nova etapa van a ter un trato neutral, sen discriminacións ás diferentes forzas políticas. É unha bota noticia, non para CA, para a cidade. 

 

 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE