As opcións de EH Bildu e o PNV para gobernar o País Vasco pasan por Ferraz
As últimas sondaxes auguran unha vitoria, por primeira vez, da principal forza política da esquerda abertzale, que deixaría ao PNV sen a súa hexemonía en Euskadi. Cunha diferenza de dúas descaños, a formación que lidera Pello Otxandiano gañaría as eleccións, peso iso non lle asegura o goberno autonómico, xa que queda a expensas de alianzas.
As enquisas tamén deixan fóra do hemiciclo a Podemos e Sumar, polo que EH Bildu quedaría sen formacións afíns coas que pactar.
É aquí onde o PSOE se converte na mellor baza do PNV, que xa mantén un pacto cos socialistas. No entanto, talvez as contas non saian aos nacionalistas se se dan os prognósticos actuais. A postura do PP, clave.
Escribe o teu comentario