Continúa a incerteza sobre o futuro da Alcaldía de Ourense

Unha nova enquisa publicada no diario A Rexión e elaborada por Infortécnica mostra un novo panorama para os resultados das eleccións ourensás


|

Unha nova encuestra publicada este domingo por Infortécnica para o diario A Rexión podería deixar máis claro o panorama político da cidade de Ourense, unha das cidades onde resulta até agora máis difícil saber cales serán o resultado o próximo 28 de maio. Os ourensáns aínda están indecisos, aínda que as cifras nos indican que cada vez menos.

 

A nova enquisa dá entre 9 e 10 concelleiras ao PP e entre 9 e 8 ao PSOE, converténdoas nas dúas principais forzas políticas na cidade. Tamén dá, no entanto, representación a Vox , grupo político que até o momento non a tiña no pleno municipal, que, segundo augura a encuestra, podería obter un escano.

 

Democracia Ourensá, o partido do actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, obtería 5 votos, dous menos dos que obtivo nos comicios de fai 4 anos. A anterior sondaxe publicada por Infortécnica outorgaba a este partido entre 5 e 6 edís, polo que se pode concluír que se encuntra á baixa e a cada vez máis distancia do PP e o PSOE.

 

Tamén pola súa banda, a candidatura dos nacionalistas, liderada por Luís Seara, case non varía en intención de voto. Podería quedar igual que agora ou crecer nun edil, pois a enquisa actual dálle ao BNG entre 2 e 3 concelleiros. Isto con todo, podería volver clve para a configuración do futuro goberno local.

 

A enquisa dá posibilidades dun concelleiro máis a outro grupo, que podería ser a formación de esquerdas Agora Ourense, formada por Podemos , Esquerda Unida e Ourense Mellor. Trátase da formación que ten máis posibilidades de obter este último escano.

 

Ourense está lonxe dunha maioría absoluta obtendo resultados como este a tan poucas semanas dos comicios, polo que o máis posibles é que sexan necesarios pactos para formar un goberno.

 

Manuel Cabezas, candidato á Alcaldía polo Partido Popular, descartou o apoio a Democracia Ourensá. Este partido podería chegar a formar un goberno en solitario se a esquerda non consegue sumar os votos suficientes e pactar, xa que se trataría do partido con máis votos. No caso dun pacto con Vox , se esta formación finalmente obtén 1 edil como prevé esta enquisa, levaríalle, no mellor dos casos, a ter 12 concelleiros no pacto, aínda insuficientes para os 14 da maioría absoluta.

 

Segundo as estimacións máis altas desta enquisa, que daría 9 concelleiras ao PSOE, 3 ao Bloque e 1 a Agora Ourense, sumarían nun pacto 13 concelleiros, a tan só 1 da maioría absoluta. Con todo, aínda hai un 30,8% de enquisados que non ten decidido o seu voto. A semana pasada eran un 35,2%, pero aínda é unha cifra representativa que pode provocar cambios na configuración dos resultados.

 

QUEN SERÁ O PRÓXIMO ALCALDE DE OURENSE?

Con estas enquisas, non resulta nada sinxelo aventurar quen ostentará a próxima alcaldía da cidade e parece que non será fácil sabelo até coñecer o que decidan os ourensáns nas urnas.

 

Con estas cifras, resultan imposibles todos os pactos: o PP e Vox suman 12 concelleiros e as esquerdas suman 13. A única solución é o pacto do Partido Popular con Democracia Ourensá, o que Cabezas xa descartou. Con todo, poida que Baltar necesite de novo a Jácome na Alcaldía para obter os apoios suficientes para continuar na Deputación.

 

Así as cousas, a incerteza está servida en Ourense , tanto a nivel provincial como municipal.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE