Baltar ficha oficialmente a unha ex de Cidadáns, Montse Lama, bridándose ante unha eventual vinganza de Jácome

A saída do Goberno municipal do PP para darlle aire electoral a Manuel Cabezas abría unha vía, pequena pero real, para desaloxar ao baltarismo da Deputación. Jácome podería pactar co resto de forzas políticas e deixar ao PP en minoría. Hipótese moi improbable -dada a mala relación do localista cos demais- que Baltar en todo caso acaba de desbaratar facendo oficial a fichaxe dunha ex-laranxa, que en todo caso xa levaba anos votando co PP.


|

Montse Lama foi deputada do PP e agora deixa cidadáns, nunha imaxe da CRTVG
Montse Lama foi deputada do PP e agora deixa cidadáns, nunha imaxe da CRTVG

 

 

A deputada provincial en Ourense Montse Lama, que en 2019 deixou o PP para presentarse por Cidadáns (Cs), regresa á formación popular, o que permitirá a Manuel Baltar garantirse formalmente a maioría na Deputación provincial --ata o de agora tiña 12 de 25 deputados-- tras a ruptura do pacto con Democracia Ourensá. En todo caso, Lama xa deixara hai tempo Cs e votaba co PP desde os non adscritos.

Nun comunicado, Baltar celebrou o regreso de Lama, que interpretou como "a volta á formación política que mellor defende os intereses da provincia de Ourense".

"Ela sábeo, cando estivo, e sábeo cando non estivo. Ela viu como o noso rigor e a nosa filosofía de traballo, ten a Ourense en letras maiúsculas", aseverou, antes de incidir en que a nova incorporación reafirma a "estabilidade" que os populares buscan "en todas as institucións" nas que teñen representación.

Ademais, vinculou o regreso de Lama coa "apertura" do PP de Ourense "Nos últimos días tamén vimos como Manuel Cabezas referendaba o seu liderado na capital da provincia. Todos facemos falta, en política sumar é multiplicar. E esta achega á nosa formación de Montse Lama é unha nova aposta polo Ourense", dixo.

"Nestes meses de negociacións co grupo de goberno da Deputación démonos conta de que temos moitos puntos en común, únenos Ourense, o amor pola nosa terra, a preocupación polo benestar dos nosos veciños, e a ilusión de seguir traballando por unha provincia cargada de oportunidades. Oportunidades que sabemos interpretar e que faremos realidade con novos proxectos de futuro", manifestou, pola súa banda, Montse Lama. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE