O soberanismo logo das últimas eleccións xerais

Manoel Barbeitos
Economista

Imposibilitar agora un goberno de progreso (PSOE/Sumar) suporía correr o risco certo de volver situar o problema territorial nun contexto de alta conflitividade que en nada favorecería ás forzas soberanistas. Sería retroceder décadas

 

El diputado del BNG en el Congreso Néstor Rego durante una rueda de prensa anterior a la Junta de Portavoces, a 9 de mayo de 2023, en Madrid (España).
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego durante unha rolda de prensa anterior á Xunta de Portavoces, a 9 de maio de 2023, en Madrid (España).

 
 

Independentemente de que a álxebra parlamentaria permita que os seus votos sexan decisivos para a formación do futuro goberno español (PSOE/Sumar versus PP/VOX) as evidencias empíricas mostran que os soberanistas dos pobos de España, agás BILDU, tiveron un mal resultado nas últimas eleccións xerais: 700.000 votos menos, 9 deputados perdidos. Non se poden negalas evidencias.

 

Neste novo escenario os soberanismos catalán, vasco e galego, teñen no horizonte político ademais da formación do goberno en España  unha serie sucesiva de retos maiúsculos: as eleccións autonómicas. Unhas convocatorias que, se non hai adiantos, se celebrarán no 2023 en Galicia, no 2024 no Pais Vasco e no 2025 en Catalunya.

 

En relación a estas últimas os resultados habidos nestas eleccións xerais viñeron a sementar moitas interrogantes futuras que os soberanistas non deberan ignorar. Por caso, en Galicia o soberanismo (BNG)  sacou 1 so deputado (de un total de 23), mentres os partidos que apoian a continuación do goberno progresista (PSOE/SUMAR) sacaron 9 deputados e as dereitas extremas unha clara maioría (13) que debuxa un escenario totalmente dominado por estas últimas. No Pais Vasco (sen contar Navarra) o soberanismo mantén a maioría (10 deputados dun total do 18)  pero con un liderado compartido (BILDU: 5, PNV: 5) e sendo, por outra parte, o PSE a primeira forza en votos. En Catalunya as forzas soberanistas obtiveron 14 deputados dun total de 48 sendo claramente superadas polas forzas que apoiaban ao goberno progresista da anterior lexislatura (PSC: 19, Comúns: 7). Nas tres comunidades históricas estas forzas foron superadas en votos ben polos partidos democráticos non soberanistas (en todas pola PSOE pero tamén, en dous casos, por Sumar) ben polas dereitas extremas (PP). Un novo escenario que debera obrigalas a revisar as súas estratexias e alianzas se queren melloralos resultados nas vindeiras eleccións autonómicas.

 

En relación ao próximo goberno en España si resulta indiscutible que estas forzas teñen a chave da súa composición (PSOE/Sumar versus PP/VOX) tamén non é menos certo que o seu propio futuro dependerá en grande medida da decisión que tomen. Si optan por apoiar un goberno progresista (PSOE/Sumar), si deixan que gobernen as extremas dereitas (PP/VOX) ou si provocan que se repitan as eleccións xerais. Calquera das tres opcións arrastra riscos pero uns son moito maiores que outros. Esta última lexislatura deixou en evidencia que cando gobernan as esquerdas (PSOE/UP) a solución do chamado “problema territorial” pode encarrilarse por vías políticas, mentres que experiencias anteriores tiñan demostrado que se volve enormemente conflitivo cando gobernan as dereitas extremas (PP): unha conflitividade que incrementaría de decibelios si VOX, da man do PP, chega ao goberno español. 

 

Neste escenario imposibilitar agora un goberno de progreso (PSOE/Sumar) suporía correr o risco certo de volver a situar o problema territorial nun contexto de alta conflitividade que en nada favorecería ás forzas soberanistas. Sería retroceder décadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE