Apuntes sobre unha "non derrota"

Manoel Barbeitos
Economista

 Nos pobos de España hai (somos) moitos máis cidadáns que queren (queremos) seguir adiante que os que nos queren facer retroceder.

 

 

La líder de Sumar, Yolanda Díaz, comparece tras conocer los resultados de la jornada electoral de los comicios generales, en Espacio Larra, a 23 de julio de 2023, en Madrid (España).
A líder de Sumar, Yolanda Díaz, comparece tras coñecer os resultados da xornada electoral dos comicios xerais, en Espazo Larra, a 23 de xullo de 2023, en Madrid (España).

Como sole suceder logo dunhas eleccións nas que os resultados son apretados e mais se ademáis non compren as expectativas previas -moitas veces alimentadas artificialmente- as do pasado 23 de xullo están dando lugar a un feixe de lecturas que  aparecen como moi dispares, incluso contrarias, entre si. Pero as evidencias empíricas son evidencias como, por caso, que:

 

As dereitas extremas gañaron as eleccións -169 deputados: 136 PP, 33 VOX que sumarían 171 se lle engadimos os de Coalición Canaria (1) e UPN (1)-. Que o goberno de quenda resistíu con firmeza e solvencia -153 deputados: 122 PSOE, 31 Sumar- grazas a fortaleza da socialdemocracia. Que os partidos soberanistas -agás BILDU- ben sufriron un retroceso                      -especialmente significativo en Cataluña (ERC perdeu 6 deputados, Junts per Cat 1 e a CUP desapareceu do Parlamento-, ben se estancaron -PNV, BNG-. 

 

Uns resultados electorais que non poden tapar a evidencia política de que, por caso,  as dereitas extremas fracasaron tanto no seu intento de acadar a maioría absoluta -quedaron no millor dos casos a 6 deputados-, como de rematar co “sanchismo” -o PSOE e Pedro Sánchez sairon fortalecidos destas eleccións-. A evidencia tamén  de que o goberno de quenda -PSOE/UP- recibíu un nada despreciable respaldo ás súas políticas a pesares do brutal ataque que por terra, mar e aire desplegaron as dereitas extremas e os seus aliados -políticos, xudiciais, politicias e mediáticos- quen non tiveron o mais mínimo reparo en saltarse a miúdo as normas mais básicas da democracia e as boas formas.

 

A formación do novo goberno parece agora mais difícil e complexa que nas eleccións do 2019. No horizonte alumean tres posibilidades: 1. Un goberno PP/VOX con otros apoios parlamentarios, 2. Un goberno PSOE/UP cos apoios da anterior lexislatura,    3. Novas eleccions en decembro.

 

En relación as dúas primeiras opcións e contra o que pudieran sinalar os datos, o goberno PSOE/UP aparece como o mais factible. A presencia de VOX dificulta en grado máximo o apoio das forzas soberanistas a un gobernó das dereitas extremas. Dificultades que aumentan por mor de que a figura de Nuñez Feijoo como líder político -futuro presidente- está moi debilitada tanto pola sua querencia irresistible polas mentiras como polos seus modos autoritarios e a súa pobreza política e intelectual. En sentido contrario as figuras de Pedro Sánchez, en primeiro lugar, e a de Yolanda Diaz, como secundaria, saen desta contenda moi afortaladas. Un aspecto este moi relevante tanto cara a negociación cos posibles aliados como no caso de ter que ir a unhas novas elección xerais en decembro. Posibilidade esta última que seguramente fará dubidar a algunas forzas soberanistas (como, por caso, Junts per Cat) sobre os riscos e os custos electorais de impedir a formación dun gobernó de progreso e ter que ir a novas elección.

 

En relacióna a esta opción non se deberá ignorar que este semestre (xullo-decembro) a Presidencia europea lle corresponde a España. Serán seis meses nos que o goberno de quenda (PSOE/UP), presidente e ministros/as, gozarán dun grande protagonismo nacional e internacional que, sen dúbidas, axudará a millorar a súa imaxe e as suas expectativas electorais. Un semestre no que, en sentido contrario, a figura política do líder da oposición (Nuñez Feijoo) seguirá deteriorándose tanto polas propias debilidades políticas e intelectuais deste político como pola inocultable contestación interna que, como se puido comprobar a noite das eleccións (“Ayuso, Ayuso….”), está ahí e non se pode ocultar.

 

Aínda que non cabe agardar destas dereitas extremas (PP/VOX) e dos seus apoios (políticos, xudiciais, mediáticos…), que abandonen a súa estratexia de acoso e derribo do “sanchismo” (pode o alacrán abandoar os seus instintos?) estas eleccións puxeron en evidencia tanto que “os mortos que vos matades gozan de boa saúde” canto que nos pobos de España son (somos) moitos mais os cidadáns que queren (queremos) seguir avanzando que os que (nos) queren facer retroceder.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE