Integrantes de Galiza Nova e do BNG maniféstanse contra a visita do rei emérito a Sanxenxo

Na concentración estiveron presentes Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova


|

SAVE 20230729 122826
Concreatación contra a visita do rei emérito a Sanxenxo / Foto: Galiza Nova

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, concentrouse este sábado para manifestar o seu rexeitamento ante a visita do rei emérito, que leva uns días en Sanxenxo. Na mobilización participaron militantes tanto de Galiza Nova como do BNG, así como diferentes cargos da organización política, entre os que se atopaba o recentemente reelixido deputado da formación nacionalista, Néstor Rego.

 

Tal e como expresou Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova, "rexeitamos unha vez máis a visita de Juan Carlos I, o rei fuxido do noso país", sinalou. "A monarquía española é unha institución corrupta que atenta directamente contra os valores democráticos do noso pobo, todos os sucesos que a rodean demóstrannolo e que o rei fuxido pasee por Galicia impunemente aínda máis", expresou Gómez.

 

"A mocidade galega rechamos a presenza dun rei corrupto no noso país e unha monarquía herdeira do franquismo que leva séculos oprimiento a Galicia", expresou a secretaria xeral. "Os mozos galegos queremos desenvolver os nosos proxectos de vida no noso país, con empregos dignos, con servizos públicos de calidade e lejor do réxime anacrónico e perturbador da dependencia da nosa nación do Estado español, que representa á monarquía", sentenciou Gómez, finalizando coa voz rotunda de: "Galiza non ten rei".

 

IMG 20230729 125553 628
Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova, declara ante os medios durante a concentración / Foto: Galiza Nova

Néstor Rego, pola súa banda, quixo expresar que "rexeitamos a monarquía por ser un réxime inxusto, que fai prevalecer os privilexios por nacemento dunha familia e que perpetúa a idea centralista e imperialista do Estado español" e engadiu que "xa temos manifestado o noso rexeitamento tamén no Congreso dos Deputados en dúas visitas anteriores", asegurou Rego. "Non é tolerable que o goberno dun Estado que se di democrático permita que unha persoa que se marchou del fuxindo da xustiza volva cando queira, impune e sen ser xulgado polos seus delitos", denunciou o deputado do #BNG no Congreso.

 

Durante a concentración escoitáronse cánticos republicanos e contra a monarquía. Ao terminar, Marta Gómez dirixiuse aos asistentes para afirmar que "Galicia non ten rei". Sinalou ademais que "esta é a terceira vez que temos que saír á rúa para deixar claro que non toleramos a visita da monarquía española e seguiremos saíndo até conseguir a República Galega". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE