A contaminación procedente dunha fábrica fai que Lugo teña este sábado unha calidade de aire moi mala

A modo de exemplo sobre este contaminante, un estudo de Ecoloxistas en Acción relacionaba o aumento de concentración de PM2,5 co incremento de ingresos hospitalarios na cidade de Madrid


|

Archivo - Graffiti de Julio César, en la Ronda da Muralla, a 14 de febrero de 2022, en Lugo (Galicia). El mural urbano, del grafitero Diego As, ha sido reconocido como el mejor mural del mundo del 2021, según el último veredicto publicado hoy por la Stree
 

A cidade de Lugo atópase afectada este sábado por unha calidade do aire moi mala debido á contaminación dunha fábrica situada en Nadela.

Segundo a información deste sábado en Meteogalicia, esta calidade do aire moi mala localízase na estación empraza na área rural de Vilar, ao sur da empresa Taboleiros Hispanos. En concreto, débese ao contaminante PM2,5.

A modo de exemplo sobre este contaminante, un estudo de Ecoloxistas en Acción relacionaba o aumento de concentración de PM2,5 co incremento de ingresos hospitalarios na cidade de Madrid.

O ano pasado, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, informaba no Parlamento de que se impuxeron tres sanciones á empresa Taboleiros Hispanos por incumprimentos da normativa en ruídos, xestión de residuos e verteduras na súa planta de Nadela, en Lugo.

A deputada do BNG Olalla Rodil alertaba nese pleno parlamentario de que a situación é "insoportable" para os veciños de Nadela e urxía medidas á Xunta porque os niveis de calidade de aire en Nadela achéganse ao límite que establece a lexislación española --50 microgramos por metro cúbico-- e dobran as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE