A folga indefinida sobrevoa DIGI mentres "CC.OO. trata de tombar o convenio que asinou", sostén a CIG

O descontento entre sindicatos de todo o territorio nacional aboca o conflito en DIGI a unha folga indefinida despois de que en Galicia xa se celebraron até tres xornadas de paros e protestas. José Luís Álvarez, presidente do comité de empresa na Coruña, analiza a situación fronte a unha compañía enrocada no silencio e na súa determinación de manter un convenio asinado ás costas dalgúns sindicatos e que, a xuízo da CIG, empeora as condicións salariais e laborais dos traballadores.


|

Foto: CIG

 

Para algúns pode ser aínda un descoñecido, pero dun tempo para acó a expansión de DIGI no universo das telecomunicacións foi fulgurante en España. A compañía romanesa é unha das low cost dentro do sector da telefonía, pero as súas agresivas campañas publicitarias, con patricionios que inclúen importantes equipos de fútbol, como Real Oviedo, Raio Vallecano, Cádiz, Burgos ou mesmo o Deportivo da Coruña, reportáronlle un gran número de clientes e beneficios por encima dos 300 millóns de euros en España durante o pasado exercicio. Só comparable á agresividade da súa táctica empresarial é a que demostra cos seus propios empregados, hoxe en pé de guerra por un convenio asinado nunha gran polémica polas formas e o fondo do mesmo, levando aos sindicatos a valorar a convocatoria dunha folga indefinida.

 

"A AUTORIDADE LABORAL ESTÁ AO TANTO DO OCORRIDO"

En Galicia tivo lugar a semana pasada a terceira das xornadas de folga convocadas pola Confederación Intersindical Galega (#CIG), unha das centrais sindicais que se está movendo contra o criticado texto asinado por UXT e CC.OO., aínda que non pola sección de Industria de Comisións. "Até en Comisións Obreiras están a tratar de corrixir a situación. Foi a área de Comercio a que selou o acordo. Non podemos entendelo, porque agora está CC.OO. loitado contra si mesma para tentar botalo abaixo", apunta José Luís Álvarez, presidente do comité de empresa na Coruña. 

 

Foi no Centro Comercial de Marineda City onde os empregados de DIGI secundaron a xornada de folga do pasado xoves, cun seguimento de en torno ao 60%. Álvarez admite que podería esperar unha acollida maior á folga, pero lembra que xa é a terceira xornada de protestas e que hai moitos traballadores "de baixa e de vacacións aínda". 

 

 

Para os clientes de DIGI os paros tradúcense en atrasos na atención e o mantemento das liñas, algo que a compañía tratou de corrixir enviando a "esquiroles" desde Asturias ou Madrid para cubrir as ausencias, tendo en conta que desde a CIG apuntan que a firma "nin sequera propuxo servizos mínimos". "A autoridade laboral está ao tanto do ocorrido e Inspección de Traballo xa se reuniu para tratar o asunto", detalla Álvarez, á vez que puntualiza que xa nas outras xornadas de folga tratouse de boicotear a presión dos empregados con outros repostos desprazados.

 

 

Álvarez defende que o novo convenio supón "un recorte ás condicións salariais e laborais" que se traducen en que "un traballador que entra perderá sobre uns 6.000 euros ao ano de salario basee, ademais dun día menos de vacacións, pluses que temos polo convenio do metal...". 

 

A maiores, o conflito con DIGI vén tamén pola carga de traballo, que leva membrete xudicial: "Vannos a meter unha produción que tiñamos gañada nun xuízo. Vánnola a impor a pesar de que esa produción carrexa unha sanción se non cumpres, e si acumulas tres pódenche botar á rúa".

 

FOLGA INDEFINIDA?

O clima é insosteible en Galicia, pero Álvarez subliña que noutros puntos da xeografía nacional os operarios están igual de queimados polo ambiente na compañía, con focos en todo o norte peninsular ou Selecta, onde xa iniciaron movementos algúns sindicatos para unir ás protestas galegas.

 

"Non pedimos máis que cúmprase o convenio do metal da Coruña, igual que piden os demais", insisten desde a CIG. No entanto, o silencio desde a dirección é revelador, deixando ao comité de empresa da Coruña en espera durante os últimos seis meses que levan solicitando unha reunión "que supostamente tería que ser trimestral". 

 

 

"Non nos achegan nin unha data para reunirnos, nin nos din si imos negociar ou non... Nada, non din nada. Non sei si están a conversar e valorando a folga ou que non queren facer nada", sostén Álvarez, mentres censura que a única comunicación da empresa é "a súa intención de seguir co convenio custe o que custe". 

 

Así as cousas, a posibilidade de que se convoque unha folga indefinida gana enteiros a cada día que pasa sen que se pronuncie DIGI. De momento comezaron a coordinar a CIG e outras forzas sindicais doutras provincias para estudar as opcións que hai encima da mesa. Esta semana está prevista a celebración dunha asemblea de traballadores para ver cales son os seguintes pasos a dar. 

 

Digi
Foto: CIG

 

De momento, transcendeu que noutros lugares xa contemplan mobilizacións para os días 7, 8 e 9 de outubro, mentres que na Coruña propoñen mobilizacións para uns días máis adiante, posiblemente do 14 ao 16 de outubro, mentres que valoran a posibilidade de chegar a convocar un paro este outono onde estean chamados a participar os traballadores de DIGI de toda España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE