Restablecida a circulación na estrada na que se accidentou o Monbus con 50 traballadores de Inditex
A vía estivo cortada durante practicamente toda a xornada do martes pola aparatosidade do sinistro, xa que o autobús quedou completamente encaixado en posición vertical no túnel no que tivo lugar o accidente, bloqueando a estrada. As informacións detallaban que había, polo menos, tres feridos críticos pola colisión do autocar, que se está investigando.
A circulación na estrada C-32 en Pineda de Mar e Calella (Barcelona) en sentido norte reabriuse ás 23.40 horas deste martes despois do accidente dun autobús entre Pineda e Tordera que causou unhas 50 vítimas.
Nun apuntamento na rede social 'X' este mércores, recollido por Europa Press, o Servei Català de Trànsit (SCT) informou de que "esta noite quedou normalizada a circulación" na vía, onde até o momento estivéronse facendo desvíos.
O autobús levaba a uns 60 traballadores da empresa Inditex, os feridos foron trasladados a distintos centros hospitalarios, e segundo informan fontes de Trànsit a Europa Press decidiuse reabrir a vía "unha vez retirado o autobús e valorada a estrutura do túnel".
Segue lendo a noticia en Catalunyapress .
Escribe o teu comentario