Galicia, entre dúas augas: o beef entre Cabreiroá e Fontecelta viraliza a campaña publicitaria

A regueifa que manteñen as dúas marcas de auga embotellada espertou unha gran atención mediática. 


|

FyA8LSBWIAQ5Xee
Foto: @so_comunicacion

 

Din que, aínda que mala, a publicidade sempre é boa. Pois aos encargados da mercadotecnia de Cabreiroá e Fontecelta, dúas marcas de auga embotellada, saíulles a xogada redonda. A súa batalla por ser a auga elixida polos consumidores saltou dos despachos ás marquesiñas e valos publicitarios, e de aí ás redes sociais, onde moitos están a facer o agosto con este 'beef' entre as dúas compañías que mostra o percorrido que ten a retranca galega. 

 

Os do manancial de Cabreiroá, en Verín , manteñen un pulso coa lucense Fontecelta, que dese Sarria recollen a luva. Como nas rifas entre clans, non se sabe moi ben quen ou que comezou esta guerra, pero o último episodio ten a súa orixe nunha campaña de Fontecelta na que non querían proclamar a mellor auga de Galicia para non "cabreiroar á competencia". A firma 'Putos Modernos' é a encargada desta peculiar e arriscada proposta, que ten moitos outras lemas repartidos en autobuses e lonas.

 

 

A GUERRA DA AUGA

Por alusións, e "por non augar a lona", o CM de Cabreiroá entrou ao trapo e convidou os lugueses a avisar a próxima vez para "pagar a medias" a seguinte campaña. A resposta socarrona non se fixo esperar, e agora conviven dous valos, unha á beira da outra, onde se pode ver a "cabreiroante" campaña de Fontecelta á beira dunha que reza "Para campaña que nos dan feita, a que temos á dereita", acompañado do hashtag "#NonCabreiroarse".

 

 

Agora, mentres uns presumen da súa categoría de Auga Mineira Medicinal desde 1903 e da súa pureza de 10.000 anos, os outros sacan peito dos seus números no mercado. Unha batalla que máis que unha campaña publicitaria garda máis paralelismos cunha sa regueifa. Ri ti do enfrontamento entre Boyanka Kostova e SonDaRúa, porque o río baixa revolto. A guerra da auga de Vilagarcía adiantouse este ano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE