(VÍDEO) "Quen foi o listo que dixo que os burros eran parvos?" Unha empresa galega e os seus burros, en "guerra" contra a RAE
Junior e Valentina son os dous burros de Casa Grande de Xanceda que protagonizan esta cruzada contra a lingua castelá.
Junior e Valentina son uns burros, si, pero parvos non teñen nin un pelo. Estes dous animais son dous dos rostros visibles da granxa ecolóxica da compañía Casa Grande de Xanceda, unha das empresas do sector lácteo que máis está a crecer nos últimos anos e que afai ser trending topic polas súas peculiares campañas. Nesta ocasión, é a lingua a que leva a esta empresa a estar na fala da xente ao cuestionar á propia Real Academia Española, que terá que revisar as acepcións que aparecen dean a 'B' de burro.
Un burro, segundo a RAE, é un "asno", referido a un animal desa especie. Nun segundo termino, existe o coloquialismo para referir a alguén "bruto, incivil". Son dous das moitas acepcións desta palabra, usada para referir a alguén non moi listo, con poucas luces ou ignorante, pero que tamén pode referir a unha roda dentada de madeira, a un xogo de naipes ou a un prato típico da cociña centromaericana.

En calquera caso, nin Junior nin Valentina responden á definición pexorativa do termo. Por iso, desde Casa Grande de Xanceda piden aos académicos que "eliminen" esa acepción e argumentan a súa posición. "Non son brutos nin incivís", sosteñen destes gardiáns que manteñen baixo control aos lobos. A granxa non rexistrou ataques de mándalas ás súas vacas desde 2008 grazas á "intelixencia e astucia" destes dous seguratas de catro patas.
OUTROS TRIUNFOS DE JUNIOR E VALENTINA
Os dous "cumpren rigorosamente coas normas do pastoreo" e son "sensibles e respectuosos con persoas e vacas". Son dous membros importantes do persoal da granxa ecolóxica, que xa protagonizou outras cruzadas cos "dous distinguidos burros" como protagonistas e cun éxito probado. Aí está o emoticono de whatsapp do burro, froito da loita que iniciou a firma para incorporalo á listaxe de emojis coa campaña 'Vaia burrada!'.
"Para celebralo ao grande, a granxa montou unha festa para comunicarllo a Junior e Valentina e doará unha zanahoria á protectora de burros A.N.D.R.E.A por cada persoa que use este emoji nas súas redes no vídeo da celebración", engade a firma. Xa ven que burros pode ser, pero parvos...por aí non, dicionario.

Escribe o teu comentario