As folguistas da Coruña "abriron o camiño" á subida salarial de Inditex en todo o Estado, reivindica a CIG

Onte moitas dependentas de Inditex creron gañar a guerra co anuncio dun acordo da compañía con UXT e CC.OO. para alcanzar melloras de corte salarial, social e laboral, pero o certo é que a batalla comezou a decantar do seu lado moito antes e na Coruña.

 


|

Onte moitas dependentas de Inditex creron gañar a guerra co anuncio dun acordo da compañía con UXT e CC.OO. para alcanzar melloras de corte salarial, social e laboral, pero o certo é que a batalla comezou a decantarse do seu lado moito antes e na Coruña.

 

Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara por CIG-Servizos, interpreta para Galiciapress este acordo no que non puideron participar nin o sindicato galego nin a CXT, que promove unha folga estatal para mañá en tendas de Inditex. 

 

“Gañamos a batalla na Coruña. A Inditex non quedou máis remedio que claudicar a nivel estatal despois de que nós abrieramos o melón”, considera Naveiro.

 

Huelga inditex cig
Folga inditex cig


 

A última hora do xoves sóubose que a Mesa de Retribucións entre InditexUXTComisións Obreiras alcanzara un acordo histórico para as traballadoras e traballadores das tendas de Inditex. Con independencia da marca para a que traballen, os sindicatos rubricaron un pacto para fixar, entre outras moitas medidas, salario mínimo anual de 18.000 a 24.500 euros, unha reivindicación que perseguían desde hai moito tempo. 

 

O acordo resulta tan histórico como polémico, pois exclúe a sindicatos como a CIG, que encabezou as mobilizacións na Coruña que lograron arrincarlle a Inditex en decembro unha mellora salarial no convenio territorial tras meses de loita, ou a CXT, que tomou como exemplo o acordo coruñés para iniciar unha cadea de protestas en Madrid e outros puntos de España avogando polo aumento dos salarios para as dependentas de toda a compañía, con independencia da firma para a que traballen. Con este fin fixeron un chamamento para celebrar folgas no establecemento de Inditex este sábado 11 de febreiro

 


"GRAZAS ÁS FOLGUISTAS"

Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara por CIG-Servizos, pon en valor o proceso que levou ás traballadoras da Coruña a conquistar unhas melloras que agora repercuten directamente no acordo polo que CC.OO. e UXT apúntanse un tanto.

 

Desde a CIG aínda se atopan estudando o acordo, pero nunha primeira ollada constatan que o obtido “non é grazas a UXT e Comisións, senón á valentía e a capacidade de reivindicación das compañeiras da Coruña, do sindicato CIG” e “das compañeiras de Madrid e o sindicato CXT”, para as que espera un gran éxito é a súa folga. “Foi mérito de todas elas. Grazas a elas, a todas as que secundaron as folgas e deron batalla nas rúas, levaron esas cuestións a Madrid”, puntualiza.

 

Iso non quita que nos alegremos de que o resto de España consiga parte de salarios que xa se conseguiron aquí na Coruña”, recalca Naveiro, que con todo non oculta a sensación de que a empresa, “vendo que isto íalle a estalar a nivel nacional”, púxose ao choio para selar un texto “que regala aos sindicatos que nunca saen á rúa a protestar e que nin sequera sentan nas mesas de negociación que hai aquí”.

 

“ERA INEVITABLE”

“Temos que lamentar que se nos exclúa de maneira expresa de todas as negociacións, pero temos claro que as negociacións estando nós na mesa serían doutra maneira, e tamén que isto foi grazas á loita sindical da Coruña”, subliña Naveiro, sobre un aumento nas comisións que tacha de “inevitable”. 

 

No caso da provincia coruñesa, nunha primeira mirada, cren que o acordo significará un incremento aproximado de uns 50 euros máis brutos ao mes en 12 mensualidades para unha persoa de tempo completo”, aínda que a maioría do persoal “supera ou se atopa nos límites deste acordo”. 

 

Con todo, desde a CIG son inconformistas, e cren que aínda faltan moitos aspectos a tratar. “Seguen faltando axudas sociais importantes, como pode ser o ticket comedor ou estudar un plan de prexubilación para as traballadoras máis veteranas”, recapitulan.

 

 

 

De calquera xeito, o traballo realizado ha levado ás dependentas de Inditex a dispor dunhas melloras que hoxe se antollan fundamentais para moitas familias e que suporán mellorar a vida de moitos fogares, algo que xa gozaban desde hai uns meses en Galicia. “Gañamos a batalla na Coruña. A Inditex non quedou máis remedio que claudicar a nivel estatal despois de que nós abrieramos o melón”, salienta Naveiro. O primeiro en derrubar o muro sempre sangra. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE