Singularu asíntase en Galicia coa apertura da súa primeira tenda en Santiago
O punto de venda físico da capital galega celebrará a súa inauguración este venres 9 de febreiro ás 18 horas, na Rúa do Doutor Teixeiro número 9.
O punto de venda físico da capital galega celebrará a súa inauguración este venres 9 de febreiro ás 18 horas, na Rúa do Doutor Teixeiro número 9.
O o cuarto local de Singularu en Galicia tras os da Coruña, Vigo e Ourense. Para as 100 primeiras persoas que se acheguen á inauguración en Compostela hai preparada unha sorpresa.

A marca de xoias Singularu celebrará este 9 de febreiro ás 18 horas a gran inauguración do seu novo establecemento en Galicia, o primeiro na capital galega. A tenda sitúase na Rúa do Doutor Teixeiro número 9 e súmase á lista de cidades na que a compañía conta con locais, sendo a de Santiago de Compostela a segunda apertura que celebra a firma no que vai de ano.
“Esta é a nosa segunda apertura deste 2023, un ano no que imos dedicar esforzos a consolidar a nosa presenza física en mercados tan relevantes para nós como A Coruña” explica Cristina Aristoy, CEO e cofundadora de Singularu.
O centro comercial de Marineda City xa conta cun establecemento da marca, aos que hai que engadir os establecementos de Vigo e Ourense, abertos o pasado verán. A boa saúde da compañía permítelle aventurar que neste 2023 esperan celebrar unha vintena de inauguracións, o que establecerá un total de 66 puntos de venda a final de ano.
A de Santiago é unha das franquías de Singularu, como as de Santander, Valladolid ou Zaragoza. “A marca preparou sorpresas para as 100 primeiras clientas e importantes promocións e descontos para as persoas que se acheguen”, anuncia a empresa no seu comunicado, convidando aos interesados á inauguración.
Escribe o teu comentario