Gadis fomentará a alimentación saudable desde a infancia a través do proxecto Ecocomedores
Fomentar a alimentación saudable desde a infancia, promover o consumo responsable e favorecer a produción sostible son retos que a cadea de Supermercados Gadis asume como parte dos seus acenos de identidade e que comparte con Ecocomedores, o programa ao que suma o seu apoio co obxectivo de enriquecer os menús dos comedores escolares con máis produtos locais, frescos, de tempada e ecolóxicos.
O proxecto, co apoio de Gadis, busca que os menús dos comedores escolares dispoñan de produtos máis frescos, de tempada, ecolóxicos e de consumo local.
Desde Gadis valoran moi positivamente sumar a esta iniciativa porque "encaixa á perfección cos principios e valores da compañía".
Fomentar a alimentación saudable desde a infancia, promover o consumo responsable e favorecer a produción sostible son retos que a cadea de Supermercados Gadis asume como parte dos seus acenos de identidade e que comparte con Ecocomedores , o programa ao que suma o seu apoio co obxectivo de enriquecer os menús dos comedores escolares con máis produtos locais, frescos, de tempada e ecolóxicos.
Segundo explica a compañía, incentivando o consumo destes produtos cúmprese, ademais, con outro dos fins da compañía: contribuír ao emprendimiento e a tecer alianzas cos produtores de proximidade, en liña co seu compromiso coa sustentabilidade desde unha perspectiva económica, social e medioambiental.
Ecocomedores xa se probou con éxito en comedores de centros da área de influencia da Coruña baixo o impulso da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas - Betanzos.
A experiencia foi "tan positiva" que agora levará a máis dunha vintena de colexios de toda Galicia, en colaboración coa Axencia Galega de Servizos Sociais e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Consellería do Medio Rural), a través da Medida Leader Cooperación, con once Grupos de desenvolvemento rural das catro provincias. O primeiro obxectivo é incorporar ao maior número de centros educativos de cada comarca.
AVALIACIÓN DOS MENÚS
O desenvolvemento do programa, que comezará en febreiro, abórdase desde diferentes ámbitos de actuación coa intervención dun equipo multidisciplinar de profesionais.
No curso actual, un equipo de nutricionistas avaliarán o contido dos menús escolares actuais para que, na súa elaboración, primen alimentos eco, de tempada e proximidade.
De forma paralela, crearanse espazos para o intercambio de experiencias e de coñecemento entre os colexios e os produtores locais, aos que se axudará na promoción dos seus produtos.
"DINAMIZACIÓN SOCIOECONÓMICA"
Esta iniciativa de cooperación terá "impacto positivo na dinamización socioecónomica, contribuirá a fixar poboación en contornas rurais e a diminuír a pegada medioambiental ao tratar de rutas de transporte máis curtas".
Gadis explicou que se unen a este proxecto porque "encaixa á perfección cos principios e valores da compañía", tanto no desenvolvemento da súa actividade empresarial, priorizando os produtos frescos, de orixe local e de tempada nos supermercados, como a través do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.
Así as cousas, o "importante reto" deste programa versa en "promover a dieta equilibrada, sensibilizar á sociedade da importancia de adquirir hábitos saudables desde idades temperás e apoiar á contorna familiar e escolar".
Escribe o teu comentario