Marta Ortega: "2022 non foi un ano fácil"

A presidenta da compañía Inditex, nunha felicitación do Nadal aos seus traballadores, fixo balance do ano 2022 e afirmou que a compañía ten "grandísimos retos e grandes proxectos en marcha"


|

Archivo - Marta Ortega, en su primera imagen como presidenta de Inditex
Arquivo - Marta Ortega, na súa primeira imaxe como presidenta de Inditex

A actual presidenta de Inditex, Marta Ortega, enviou á súa platilla de traballadores unha felicitación do Nadal. Nela, fixo un balance do ano 2022, no que ela asumiu o cargo da empresa. Aproveitou para recoñecer que este non foi un ano fácil para a compañía, marcado pola guerra de Ucraína, que lles obrigou a pechar as súas tendas en Rusia en Ucraína, ademais de pola pandemia.

 

Tamén indicou, por outra banda, que a compañía ten "grandísimos retos e grandes proxectos en marcha". É por iso que Ortega indicou aos seus traballadores que a empresa "require un esforzo aínda maior por parte de cada un de vós".

 

Marta Ortega mostrouse ilusionada polo futuro e dixo que a compañía ten ao "mellor equipo", que, afirma, é motivo de orgullo o exemplo que dá de "valentía, fortaleza e paixón". "Sentinme sempre moi arroupada por todos, un marabilloso grupo de persoas capaces de facer fácil o máis difícil, en circunstancias complexas como as que vivimos", sinala na misiva enviada aos seus traballadores. "Desde abril estou aínda máis orgullosa, se cabe, da empresa que fundou o meu pai, o señor Ortega, a empresa na que crecín e na que vivo profesionalmente de forma tan intensa", prosegue.

 

Finaliza asegurando que ten un propósito moi claro de ano novo: "traballar para que todos sintamos felices de formar parte desta compañía e que a tarefa que desempeñades sexa cada día máis gratificante".

 

SITUACIÓN DE INDITEX

Como afirmaba Marta Ortega na súa carta do Nadal, Inditex pasou durante os últimos tempos por unha situación complicada, debido, por unha banda, á pandemia, e por outro, á guerra entre Rusia e Ucraína.

 

Os datos, con todo, afirman que no terceiro trimestre de 2022 Inditex obtivo un beneficio neto de 3.095 millóns de euros, con restpecto ao mesmo trimestre do ano pasado, segundo informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE