"Uns 15.000 gandeiros galegos aínda poden reclamar ao cártel do leite"

Miles de gandeiros galegos teñen a oportunidade de recuperar centos de miles de euros tras confirmar que algunhas das principais industrias alimentarias de España (Danone, Puleva, Nestlé, Pascual, etc.) vulneraron as leis da competencia nas súas compras de leite. Falamos cun dos avogados que gañaron os preitos na Audiencia Nacional, Juan Álvarez, drector de operacións (COO) do bufete Eskariam.


|

Juan u00c1lvarez, drector de operaciones (COO) del bufete Eskariam
Juan u00c1lvarez, drector de operacións (COO) do bufete Eskariam

 

Pascual, Puleva, Danone, Nestlé, etc. están entre as condenadas. Estamos a falar dalgúns dos nomes máis importantes da industria alimentaria en España, nalgúns casos en todo o mundo. Foi esta batalla unha pelexa xurídica entre David contra Goliath? 

Efectivamente estamos a falar de grandes compañías con inxentes recursos económicos que confiaron o seu defensa aos mellores despachos de avogados de España. Aínda que, nesta ocasión precisamente Eskariam, xunto coa súa partner Hausfeld, ofreceu aos gandeiros un equipo altamente especializado neste tipo de litixios, baixo a dirección de Hitchings & CO., e xunto con Compass Lexecon como peritos, fomos o único despacho que defendeu aos gandeiros fronte ás grandes industrias lácteas.

 

 

Por que?

Porque ofrecemos servizos asumindo a totalidade dos custos, de forma que o gandeiro non desembolsa nin un céntimo ata que se gañe a súa demanda. Baixo un modelo tradicional de prestación de servizos sería inviable para os gandeiros.

 

Despois da sentenza, que pasos recomendaríalle tomar a aqueles gandeiros que aínda non reclamaron a devolución do que se pagou de menos?

Unha vez que a Audiencia Nacional ha confirmado o cártel, os gandeiros poden reclamar o diñeiro que deixaron de cobrar por cada litro de leite vendido entre o ano 2000 e 2013. Son xa máis máis de 7.000 gandeiros os que confiaron en Eskariam para a súa reclamación, agora ven reforzada e máis sólidas as súas pretensións grazas á Audiencia Nacional. Ademais, os gandeiros que até agora non inicien a reclamación, deben saber que están a tempo de unir se así o desexan, até setembro de 2024.

 

Estes procedementos son longos e poden chegar aos 5 anos, aínda que tamén hai mecanismos para cobrar as cantidades que se recoñezan por sentenza de forma provisional

 

Nun escenario pesimista, dado a burocracia que a miúdo levan estes procesos xurídicos, en que prazos poderían esperar cobrar?

Agora os gandeiros teñen que iniciar as súas reclamacións para recibir as cantidades que deixaron de cobrar polo leite vendido de 2000 a 2013, aproximadamente entre 3 e 4 céntimos por litro, máis intereses. Efectivamente, estes procedementos son longos e poden chegar aos 5 anos, aínda que tamén hai mecanismos para cobrar as cantidades que se recoñezan por sentenza de forma provisional ata que finaliza o procedemento xudicial que permite acurtar estes prazos.

 

É probable que as industrias condenadas apelen ao Supremo, pero ten percorrido posible unha apelación ao Supremo nestes casos?

É posible recorrer ao Tribunal Supremo, aínda que hai que ter en conta que non entrará a valorar a proba, e por tanto o marxe reducir drasticamente. Por tanto, cremos que a probabilidade de que prosperen os seus recursos é moi baixa, polo menos no que interesa ao gandeiro para poder reclamar.

 

Unións Agrarias, o sindicato con máis representación no campo galego, estima uns 5.000 afectados en Galicia, vostedes falan uns 7.000 en España. Cantos estiman vostedes que pode haber na comunidade autónoma?

Estimamos que en Galicia aínda hai uns 15.000 gandeiros que non iniciaron os trámites para reclamar, moitos dos cales creemos que o farán antes de setembro de 2024. É importante entender que todo gandeiro que venda leite entre os anos 2000 e 2013 pode reclamar, aínda que non continue a actividade, xubilouse ou faleza quen vendeu o leite. Ademais, pódese articular a reclamación fronte a calquera das lácteas cartelizadas.

 

Isto de reclamar a calquera das sinaladas, que quere dicir?

Por exemplo, podo reclamar a Lactalis o leite vendido a Danone ou calquera outra industria.

 

Falemos de cantidades. Unións Agrarias estimou que cada granxa pode recibir, de media uns 100.000 euros. Argumentan que durante o período investigado, comercializáronse en Galicia 29 millóns de toneladas de leite, xerando un pago de 9.000 millóns de euros a un prezo de 33 céntimos por litro. En xogo, por tanto, poden estar uns 900 millóns de euros en devolucións a repartir uns entre uns 5.000 gandeiros galegos. Son correctos, aproximadamente, estes números e o cálculo resultante de UU.AA.?

Si,paréceme cifras estimativas dentro das contías que estamos a manexar nós. En definitiva, dependerá do volume de leite vendido por cada gandeiro, pero a referencia paréceme unha boa aproximación. Hai que ter en conta que a partida de intereses xerados durante tantos anos ten un peso moi elevado, case a metade da contía reclamable.

 

A lei da cadea alimentaria non evita per se este tipo de condutas anticompetitivas.

 

A sentenza é condenatoria debido ao intercambio de información, a nivel nacional e autonómico, sobre prezos de compra de leite cru de vaca, volumes de compra de gandeiros e excedentes de leite. Compartir este tipo de información cos competidores implica sempre unha vulneración das normas da competencia ou o sucedido só é aplicable especificamente ao sector leiteiro?

Hai que analizar cada caso, pero no mercado de aprovisionamento de leite intercambiar este tipo de información por parte das principais industrias lácteas ( Lactalis, Danone, Nestlé, Puleva, Capsa, Pascual, entre outros), coa finalidade de controlalo e así poder comprar o leite a prezos máis baixos, é unha conduta ilícita de carácter moi grave.

 

 

 

 

 

O Ministerio de Agricultura opina que, grazas á Lei da Cadea Alimentaria, aprobada hai uns anos, na actualidade é imposible que se produzan estes pactos de prezos á marxe da competencia. Os gandeiros non opinan igual, argumentando que a Lei non está ben desenvolvida nos seus correspondentes regulamentos. De feito, ese desenvolvemento é unha das reivindicacións das actuais tractoradas. Quen ten razón neste debate?

A lei ten un elemento moi complexo de determinar, o cálculo dos custos para cada explotación. Pero independentemente das dificultades de aplicación de forma efectiva, as industrias compradoras de leite poderían articular vías para pactar prezos de compra ou intercambiar información, como fixeron no cártel sancionado e ratificado pola Audiencia Nacional, trátase de pactos secretos que son moi difíciles de detectar. Con isto non quero dicir que se estea producindo, dado que non contamos coas probas suficientes que así o demostren, pero a lei da cadea non evita per se este tipo de condutas anticompetitivas.

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE