A Xunta adianta o pago da RISGA antes de Nadal aos seus máis de 5.000 beneficiarios

En 2024 o orzamento destinado a Inclusión Social subirase até superar os 153 millóns de euros.


|

Fabiolagarca 1
Fabiola García/Xunta

 

 

A Xunta Galicia adiantou o pago da Renda de Inclusión Social de Galicia (#Risga) nestas datas do Nadal ás súas 5.600 beneficiarios para que conten con esta prestación durante estas festas. A conselleira de Política Social e Mocidade, Fabiola García, visitou hoxe a cociña económica de Santiago coa que colabora a Xunta de Galicia a través da orde de axudas a entidades sociais. 

 

En concreto, o Goberno galego destina á cociña económica de Santiago 240.000 euros a través desta liña de axudas, co que colabora co seu importante labor especialmente nestas datas de Nadal. A conselleira lembrou que o Goberno galego apóiase no tecido asociativo para atender a toda as persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade para que estean atendidas. 

 

A Xunta de Galicia incrementará no próximo ano 2024 os fondos destinados a Inclusión Social até os 153 millóns de euros. Uns fondos que permitirán atender a todas as persoas en risco de exclusión a través da Risga, que blinda o seu orzamento nos 46 millóns de euros para atender a todas aquelas persoas que non transitasen aínda ao Ingreso Mínimo Vital, e para seguir impulsando máis Axudas de Inclusión Social (AIS), que lles axuden a facer fronte aos gastos imprevistos aos fogares con menos recursos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE