A medallista olímpica Susana Rodríguez ofrece unha conferencia este mércores no Corte Inglés de Vigo
'Cos pés na terra e o corazón nas estrelas' é o título da charla que impartirá a deportistas galega nos grandes almacener olívicos.
De gañar e perder, de sufrir e celebrar, de caer e levantar...de moito sabe a deportista paralímpica Susana Rodríguez, unha das mellores atletas do panorama nacional e unha dos nomes propios do deporte en Galicia. Pentacampeona mundial de tríatlon, Premio Nacional do Deporte, Medalla Castelao, ouro Olímpico...son moitos os méritos cultivados pola viguesa que aprendeu moito a través do deporte e que agora quere compartir parte dese coñecemento co público.
Farao este mércores 6 de marzo no Corte Inglés de Vigo onde ofrecerá a conferencia 'Cos pés na terra e o corazón nas estrelas', ás 19 horas no restaurante dos grandes almacéns olívicos. Trátase dun evento con prazas limitadas, polo que desde a organización animan aos interesados a inscribir a través do correo eventosvigo@elcorteingles.es.
Con todas as dificultades que enfrontou na súa carrrera, Susana manifesta que “de principio nunca contemplo a opción de que non vai se é posible”, unha consigna que a levou a superar todas lasmetas. Un exemplo de superación e inspiración para moitos e co obxectivo de volver todo o máis alto do podium este verán en París 2024.
Escribe o teu comentario