Álvaro Giménez, dianteiro do Racing, causa baixa tras ver implicado nun accidente múltiple en Pontedeume

O futbolista sofre unha lesión cervical e non participará no encontro do cadro departamental.


|

Bomberos betanzos
Foto: Bombeiros Betanzos

 

Esta mañá tivo lugar un aparatoso accidente na AP-9 á altura de Pontedeume en dirección Ferrol. Con seis vehículos implicados no siniesto, entre eles un autobús con medio centenar de viaxeiros, as dimensións do suceso puideron ser moito máis tráxicas do ocorrido finalmente nun contratempo que se saldou con algúns feridos, atendidos polos sanitarios e trasladados ao hospital. 

 

A colisión rexistrouse pouco antes do acceso ao túnel de Campolongo. O mal tempo -a costa galega atópase en alerta vermella por temporal, especialmente severo no norte da comunidade- puido ser determinante para que tivese lugar o accidente, xa que nese momento produciuse unha forte granizada.

 

O clima e o estado da calzada condicionaron a circulación. Até o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Betanzos, Policía Local de Pontedeume, Protección Civil e Urxencias Médicas. Entre a afectados figura o nome de Álvaro Giménez, dianteiro do Racing de Ferrol, que aínda que "se atopa ben", como apuntan desde o club, si reviste "problemas cervicais" que lle impedirán formar parte da expedición que se medirá ao Eldense este fin de semana. 

 

Parrálo confirmou ante os medios que puidera charlar co ariete, que se atopaba ben e que se desprazou ao hospital como parte do protocolo a seguir.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE