A inscrición de participantes no V Trail Orixes Mondariz, todo un éxito a dez días de que termine
Desde a organización aspiran a superar as 600 persoas inscritas
O Ayutamiento de Mondariz, xunto con representantes dá Asociación Deportiva do municipio, presentaron este venres 21 de abril o V Trail Orixes Mondariz, unha carreira de montaña que se consolida ano tras ano e atrae a decenas de participantes de Galicia e de fóra da comunidade.
Este ano programa a súa quinta edición para o vindeiro sábado, día 8 de maio, e a organización aspira así a superar as 600 persoas inscritas. Segundo afirma Sebas Lourenzo, da Asociación Deportiva Mondariz, "a día de hoxe levamos 576 inscritos nas diferentes categorías. As prazas da distancia curta de Minitrail esgotáronse fai 15 días, e as do Trail, a semana pasada".
O V Trail Orixes Mondariz, que abriu o prazo de inscrición o pasado 15 de febreiro, preséntase chea de novidades para esta edición. Ademais das categorías do Minitrail de 14 quilómetros, o Trail de 26 e o Maratón de 40, habituais nos pasados anos, a organización repertirá tamén coa exixente Ultra, de 60 quilómetros, e incluirá tamén por primeira vez aos máis pequenos no Pequetrail, ademais de intrudción a categoría non competitiva de Andaina, de 13 quilómetros.
As inscricións para estes eventos deportivos deben hacersse a través da plataforma online www.empa-t.com até o 1 de maio ás 23:59. Nas categorías de Minitrail e Trail, as 350 prazas dispoñibles xa están esgotadas desde hai días, aínda que existe a posibilidade de inscribir nunha lista de espera para optar a prazas vacantes de última hora.
As distancias de Ultra e Maratón (60 e 40 quilómetros respectivamente) serán homologadas este ano pola Federación Galega de Montañismo, acción que recoñece o traballo da organización na selección de trazados.
Nos últimos anos, segñun afirma o Concello de Monadariz, a pesar de que a pandemia obrigou a suspender as edicións de 2020 e 2021, o Trail Orixes Mondariz recuperou e mesmo incrementou o seu atractivo entre as persoas afeccionadas á montaña.
O ano pasado houbo máis de 400 participantes e nesta quinta edición hai previsións de chegar ás 600. "Temos participantes de toda Galicia, pero tamén de Portugal, Francia e diferentes comunidades españolas, como Asturias, Castela e León e Madrid, entre outras", afirma Lorenzo.
O percorrido destes trails será circular unha vez máis, con saída e chegada na Praza de España de Mondariz, discorrendo por Riofrío , Aboal, Festín, Gargamala, Caxil, Vidueiros, Foxo do Lobo de Estacas, Lago de Piñeiro, Carrix, Sabaxáns, Cernadela e Mondariz.
Escribe o teu comentario