O concerto de 'El Último de la Fila' múdase do Estadio de Riazor ao Monte do Gozo e móntase a lea
A data será o 13 de xuño, como estaba previsto, pero cambia a súa localización. Moitos asistentes quéixanse deste cambio, aínda que a organización ofrece facilidades para o reembolso das entradas.
O que ía ser un concerto multitudinario no Estado de Riazor terminará sendo un concerto igual de multitudinario...pero a uns 70 quilómetros de distancia de onde estaba previsto. A unha horilla en coche teranse que desprazar os coruñeses que esperaban ver a 'El Último de la Fila' na súa cidade o próximo 13 de xuño e que agora, por este cambio de plans, terán que viaxar até o Monto do Gozo, en Santiago de Compostela, se queren ver a esta mítica banda.
CAMBIO POLO FÚTBOL
Supón un cambio significativo, porque só en Santiago podíase recolocar aos espectadores que, en principio, ían abarrotar as bancadas de Riazor. No entanto, no recinto no canto de fans do grupo estarán os irredutibles do Deportivo da Coruña, posto que os branquiazuis poderían estar a disputar nesas datas o playoff de ascenso a Primeira División, se non se fan cun dos dous boletos que lles permitiría promocionar de maneira directa case unha década despois do inicio do seu descenso aos infernos.
"Vímonos obrigados a trasladar o evento a un novo emprazamento, por motivos externos á nosa xestión. Cambios, por suposto, alleos á nosa intención", detallan os organizadores desta cita, que mesmo valoraron o Coliseum ou o peirao de Batería como alternativas.
"E SI NON PODO IR? E SI NON QUERO IR?"
O que supón este cambio, ademais, é unha modificación sustancia no prezo de venda. As entradas terá un prezo único de 80 euros máis gastos de xestión. Isto é un problema para quellos que compraran un billete para velo desde a bancada. Para eles devolveráselles de maneira automática o prezo da entrada adquirida e habilitaráselles unha canle de preventa prioritaria e exclusiva desde o 27 de abril para poder comprar entradas, se así o queren, e no prazo de 48 horas antes da apertura da venda xeral, prevista para o 29 de abril a partir das 10:59 horas.
Con todo, aqueles que xa compraran unha ticket para apista e mobilidade reducida manteñen igual o prezo, senón necesidade de realizar ningunha xestión adicional, aínda que tamén se lles ofrecerá a posibilidade de reembolsar a súa entrada até o próximo 23 de maio se non queren ou non poden acudir ao concerto no seu novo escenario. Máis problemas terán aqueles fans que tiñan pensado desprazar á cidade coruñesa desde outros puntos de Galicia ou de España e que talvez xa teñan reservas de hotel feitas na data do concerto.
"En nome do artista e a organización queremos pedir desculpas polas molestias ocasionadas polos cambios acaecidos no citado concerto, e agradecer de antemán a paciencia e comprensión ante esta situación", agregan os organizadores.
Escribe o teu comentario