O Corte Inglés da Coruña prepara actividades en Sant Jordi con motivo do 'Día Internacional do libro'

Dúas mesas redondas con profesionais do mundo editorial e escritores achegarán respostas aos lectores na superficie comercial herculina. 


|

Sant jordi
Foto: EP

 

En cuestión dunha semana as rúas encheranse de flores e os libros serán os protagonistas un Sant Jordi máis. Durante o 'Día internacional do libro', a cultura é o centro de atención, un lugar do que nunca debería saír pero que en ocasións descoidamos máis da conta. Desde O Corte Inglés pretenden evitar iso e pon aos libros e aos seus escritores baixo o foco durante unha semana na que colabora coa Asociación Galega de Escritores para a celebración dunha serie de actividades.

 

Tratarase de dous meses redondas na que os clientes poderán compartir inquietudes e buscar respostas a preguntas como o papel que xogan as editoriais en todo o proceso, o nexo que une a escritores e lectores ou cales son os xéneros máis exitosos na actualidade. 

 

Escritores e profesionais do sector sentarán á mesa para resolver aos lectores todas as cuestións do mundo. A primeira destas charlas será o próximo 22 de abril, ás 19 horas, baixo o título 'A maxia dos libros, o sector literario en Galicia'. María Neto será a moderadora dun encontro que contará con Roberto Cagiao, escritor e presidente da Asociación Galega de Escritores, Neves Abarca, novelista, poeta e columnista, e Ana Abelenda, xornalista especializada en sector literario. 

 

Ao día seguinte, martes 23 de abril, de novo ás 19 horas, 'A realidade e a ficción: os xéneros literarios, a debate' será a charla que abordará outras cuestións, tamén baixo a man de María Neto, acompañada esta vez do poeta Marta Ojea, o xornalista e ensaísta Rubén Ventureira e o escritor e colaborador editoral Iago Fandiño.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE