A natureza será o tema central da IV Edición do Concurso de Microrrelatos de Gadis

A partir deste xoves 6 de xullo e até o 31 de agosto os participantes poden enviar os seus escritos. 


|

GADIS 4u00ba CONCURSO MICRORRELATOS 1
Foto: Gadis

 

A folla en branco e un pouco de imaxinación. É todo o que fai falta para concursar na IV Edición do Concurso de Microrrelatos de Gadis, que volve para espertar creatividade dos seus clientes e de todos aqueles que gocen sacando partido ao enxeño. Desde este xoves 6 de xullo e até o 31 de agosto, os interesados poden empezar a enviar as súas propostas, coa natureza como temática central.

 

“O  argumento elixido está en consonancia co interese da empresa en concienciar da importancia de ter un comportamento responsable co medioambiente para a conservación da contorna”, sinalan desde a compañía galega, que estipula que os relatos deben ser orixinais, inéditos e que só poden participar os maiores de 14 anos. Ao tempo, poden enviar tanto en castelán como en galego.

 

“A brisa que se levanta á noitiña, unha folla que se desprende dunha árbore marcando a chegada do outono, as margaridas que aparecen nun campo sen segar. A natureza arróupanos de tal forma que é parte de nós, parte do noso paso polo mundo”, inspiran desde Gadis.

 

GADIS 4u00ba CONCURSO MICRORRELATOS

 

Con máis de 4.000 participantes, en Gadis esperan repetir o éxito de público na carreira por conseguir os tres premios principais: un MiniDrone, un telescopio e unha cámara deportiva. Con todo, non só os gañadores teñen premio, senón que os mellores relatos formarán parte do libro anual de Gadis, con 30.000 exemplares que se regalarán nos seus establecementos de Galicia e Castela e León. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE