Sen Senra únese a Deluxe como segunda confirmación do ciclo Noites do Porto 2023

O segundo nome que confirma o evento coruñés reivindica unha vez máis a calidade artística de Galicia. 


|

NDP 2023

 

Van só dous nomes, pero que dous nomes. Deluxe volve aos escenarios no ciclo Noites do Porto. Este 2023 será o do regreso á cidade herculina da histórica banda encabezada por Xoel López, pero non estará só. A este primeiro concerto confirmado para o 22 de setembro súmase unha segunda data no que é o inicio dun importante goteo de nomes ligados a este evento que xa se destapou como unha das citas musicais máis importantes de Galicia.

 

Afeitos ir ao porto coruñés en outubro, para este III Edición a organización decidiu non facer esperar aos fans e adianta as datas a setembro. É o caso de Sen Senra, segunda confirmación do ciclo, que sairá a escena o próximo 23 de setembro no peirao de Batería. Trátase, ademais, do único concerto que ofrecerá na comunidade este verán e será xusto para pechar a tempada estival. 

 

VENDA DE ENTRADAS

As entradas para Sen Senra, que presentará na Coruña o seu novo traballo, 'PO2054AZ Vol.I.', definido como "a viaxe máis emocional e impactante do artista, oriúndo de San Miguel de Presqueiras". O artista galego reafirma así a aposta do festival non só polo mellor do panorama nacional e internacional, senón tamén pola música do país. 

 

Sen senra
Foto: Noites do Porto

 

"Os seus case dous millóns de oíntes ao mes en Spotify, as súas aplaudidas colaboracións con Feid, C. Boureo ou Julieta Venegas, ou a autoría de hits como 'Xa non che fago falta' (Sensacións, 2019), ofrecen unha boa mostra do talento do artista galego", agregan desde a organización da cita, que lembra que coa súa fichaxe únese á parede de ilustres que xa pasaron pola porta marítima da Coruña, como Bad Gyal, Jorge Drexler, Fernandocosta, The Gulps ou Califato 3/4


 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE