A oferta de programación infantil en galego é menos do 1%, critica A Mesa pola Normalización Lingüística

Só o 0,83% da programación infantil que se ofrece en televisión está en lingua galega e está concentrada exclusivamente na TVG2, a segunda canle da televisión pública de Galicia, segundo detalla un informe elaborado pola Mesa Pola Normalización Lingüística.

 

 


|


Apenas un 0,83% de toda a programación infantil e en só unha canle. Eses son os números que deixa a oferta de contido infantil en televisión en galego para o público novo. 

 

Mentres que a maioría de plataformas nacionaes teñen un catálogo limitado ou nulo de contido en galego, son as plataformas internacionais como Amazon Prime ou Netflix as que dispoñen de máis oferta.

 

El presidente de A Mesa, Marcos Maceira, presenta un informe sobre contenidos audiovisuales en gallego
Foto: EP

 

Só o 0,83% da programación infantil que se ofrece en televisión está en lingua galega e está concentrada exclusivamente na TVG2, a segunda canle da televisión pública de Galicia, segundo detalla un informe elaborado pola Mesa Pola Normalización Lingüística.

O estudo, presentado este xoves polo presidente da Mesa, Marcos Maceira, analiza a oferta das principais operadoras de televisión --Movistar, Vodafone, R e Orange--, nas que a programación infantil en galego suma un total de 2 horas e 25 minutos diarios.

Segundo o informe elaborado por Laura Borrajo, a plataforma de cotenidos da Radio Televisión Pública de España (#RTVE Play) carece de contidos en galego para os máis pequenos, mentres que só contén catro películas en versión orixinal en galego. Con todo, os filmes galegos 'Cuñados' e 'A illa dás mentiras' non poden verse na versión en galego.

No reso de plataformas online españolas tampouco hai contidos en galego coa excepción de Filmin, en cuxo catálogo hai un 0,3% de películas, series ou documentais subtitulados ou dobrados na lingua de Galicia e un 0,74% de fondos para o público infantil.

Si hai maior presenza do galego nas plataformas internacionais como Amazon Prime ou Netflix. Esta última é a única que, segundo A Mesa, cumpre cos "mínimos legais" de contidos en galego que non alcanzan as plataformas estatais.

A plataforma en defensa do galego considera que estes datos evidencian a necesidade de incrementar o peso da lingua nos contidos audiovisuais, especialmente entre os dirixidos aos públicos infantil e xuvenil, obxectivo que se marca a 'Iniciativa Xabarín' que solicitou miles de apoios entre a sociedade galega.

"O audiovisual é un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, social, cultural e económico", remarcou Maceira, que remarcou no carácter "fundamental" para a pervivencia do idioma que a Xunta "se implique en asegurar máis e mellores contidos en idioma propio". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE