lengua

O Concello de Ferrol redacta todos os seus contratos en castelán "exclusivamente", para enfado da Mesa

A plataforma en defensa da lingua galega denuncia que o consistorio ferrolán deixe de lado o galego nos contratos municipais. 

Abanca é o banco que máis queixas recibe dos seus clientes por non prestar atención en galego, detalla A Liña do Galego

O informe da Mesa pola Normalización Lingüística sobre os expedientes abertos en 2023 na canle 'A Liña do Galego' detalla que as administracións públicas volven ser as que centran máis queixas, pero o sector privado tampouco zafa de dar un mal servizo á cidadanía que reclama ser atendida en galego. 

A Xunta rectifica e elimina os topónimos deturpados dos correos da Atriga, celebra A Mesa

A organización de defensa da lingua festexa que, tras moitas denuncias, o Goberno de Galicia tome a decisión.

O mal uso de 'Viana del Bollo' ou 'Ginzo' é responsabilidade do Colexio de Rexistradores, responde a Xunta á Mesa

Desde A Mesa lamentan que isto non sexa "un feito aisllado", senón que se reproduce de maneira habitual na comunidade.

A Mesa denuncia ante o Consello de Europa "a oferta positiva cada vez menor" da lingua na comunidade

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística reprendeu ao Goberno de Galicia e ao do Estado por permitir os "incumprimentos" á Carta Europea das Linguas.

Deputación da Coruña, A Mesa e Correlingua colaborarán para o fomento da lingua

A firma da entidade provincial coa plataforma e a agrupación cultural realizouse esta mañá co obxectivo de "normalizar" e "fomentar o uso" da lingua galega.

 

A Mesa participa en Bilbao nunha marcha en defensa das linguas cooficiais

A plataforma desprázase até Euskadi este fin de semana para formar parte na manifestación en defensa do eúscaro.

A Mesa reclama o cumprimento da Iniciativa Xabarín tras dous anos desde a súa aprobación

Mesa pola Normalización Lingüística esixiu o cumprimento da Iniciativa Xabarín (para a programación infantil e xuvenil en galego en televisión), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021.

A Mesa convoca unha manifestación contra as "agresións galegófobas" e "provocacións" de grupos ultras contra a lingua

Episodios como os de referir á Illa da Toxa como 'La Toja' en TVE ou os nomes equivocados que figuran nos mapas dixitais motivan á plataforma a convocar a protesta. 

A oferta de programación infantil en galego é menos do 1%, critica A Mesa pola Normalización Lingüística

Só o 0,83% da programación infantil que se ofrece en televisión está en lingua galega e está concentrada exclusivamente na TVG2, a segunda canle da televisión pública de Galicia, segundo detalla un informe elaborado pola Mesa Pola Normalización Lingüística.

 

 

Castelao e Rosalía recibirán unha homenaxe o 22 de xaneiro en Santiago por entidades galegas, euskeras e catalás

Entidades sociais en defensa do galego, o eúscaro e o catalán participarán o vindeiro domingo 22 de xaneiro nun acto homenaxe ás figuras de Castelao e Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

 

 

 

Case un de cada tres galegos menores de 20 ten "dificultades" para falat en galego, lamenta A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta a impulsar unha política lingüística que "garanta a presenza e posibilidade" do uso do galego en todos os espazos, "garantindo" o coñecemento do galego a través do sistema educativo.

 

 

Consegue ante a Xustiza que Allianz o atenda en galego e a aseguradora responde rescindindo o seu contrato

Agora, a firma decidiu, como resposta, rescindir o contrato, unha manobra que desde a plataforma tachan como "represalia" pola vitoria nos xulgados.  

A Mesa teme que a reforma da lei de sedición coarte as protestas en defensa do galego

O colectivo critica a proposta de reforma do Goberno Central e convida á sociedade a mobilizar

A nova lei audiovisual, a debate na USC cunha xornada en torno ao texto e a lingua

O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o día 15 unha xornada de debate sobre a nova lei do audiovisual, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais.

A Terra Media pasa a ser "A quinta provincia": 'O Señor dos Aneis: os aneis de poder' estará dobrada ao galego

A serie de Amazon Prime, que se estrea este venres 2 de setembro, contará con dobraxe e subtitulado en galego, como tamén o fará en catalán e eúscaro.

 

Un texto ambiguo ou un aviso? A Lei do Audiovisual pode deixar fora "algunha" lingua cooficial, denuncia A Mesa ​
Chama a participar na manifestación do 17 de maio en Santiago para "parar calquera intento de que o galego quede excluído"


​A cidadanía, no centro da protesta de 'Queremos Galego' do 17 de maio: "Imos reescribir o futuro"


Esta mañá presentouse o programa de 'Queremos Galego' para o próximo 17 de maio, cun acto central ás 12 horas en Santiago de Compostela, onde se celebrará unha manifestación en defensa da lingua.

​Aplican a ‘Lei Mordaza’ por reclamar ser atendido en galego durante un cribado, denuncia A Mesa

A organización denuncia o proceso legal no que se ve inmerso un veciño de Rianxo, ao que lle negaron a atención en galego durante un cribado. 

Unión no audiovisual para reclamar que a Lei de Comunicación garanta ao galego como recolle a 'Lei Xabarín'​
Varios grupos do audiovisual galego han presentado este xoves en Santiago as súas emendas ao anteproxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual do Goberno central, ao que reclaman que garanta o uso e a presenza do galego neste sector.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE