Galicia é a segunda comunidade que xera máis residuos por habitante

A estatística revela un aumento alarmante con respecto a 2014, de case o 50%.


|


Basura

Galicia situouse en 2015 como a segunda comunidade autónoma en que os seus habitantes xeran maior número de residuos per cápita, só superado polos habitantes de Illas Baleares.


Concretamente, segundo o último estudo do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado este martes, os galegos xeraron 622,3 quilos por persoa ese ano, por detrás dos baleares, que crearon 800,6 per cápita.


En total, Galicia contabilizou 1,7 millóns de toneladas de residuos ao peche de 2015, dos 22,2 millóns de toneladas de todo o Estado, unha cifra que supuxo un incremento do 48,9% fronte a 2014, cando esta quedou en 1,14 millóns toneladas.


A Comunidade autónoma que maior número de residuos xerou en 2015 foi a de Andalucía, con 4,2 millóns toneladas; mentres que a que menos residuos contabilizou foi A Rioxa, con 126.900 toneladas.


Por tipoloxía de residuos, en Galicia recolléronse en 2015 un total de 32.600 toneladas de papel e cartón; 39.700 toneladas de vidro; 22.100 de envases mixtos e 1,4 millóns de toneladas de residuos mesturados.


relacionada Necesítanse case 100 barcos para recoller o lixo que se acumulou nas Cíes este ano
relacionada Unha factura do lixo para que pague máis quen máis residuos xera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE