Só un de cada seis traballadores galegos cobra as horas que fai de máis

O medo a perder o emprego empuxa á maioría a alongar a súa xornada laboral. En Galicia predomina a xornada partida.


|

TrabajooficinaO medo a perder o traballo empuxa a facer horas de máis sen cobrar.


En Galicia en 2016 unhas 294.303 persoas prolongaron habitualmente a súa xornada laboral (o 37,76% dos ocupados), segundo a enquisa sobre condicións no traballo que publica o Instituto Galego de Estatística.


Delas, o 16,70% recibiu sempre unha compensación, económica ou en tempo libre, e o 24,77% nalgunhas ocasións. O 58,53% restante non recibiu compensación algunha.


O principal motivo polo que os asalariados prolongan a súa xornada habitual de traballo é porque teñen máis traballo do que poden facer no tempo asignado (o 53,97% dos que responderon sinalaron este como o principal motivo). O 27,54% fano porque é unha condición necesaria para manter o traballo.


O 68,26% das persoas ocupadas en Galicia traballa cinco días á semana, o 20,12% seis días e o 6,35% os sete días da semana.


O 47,96% dos residentes en Galicia traballa a xornada partida; isto é, tanto pola mañá como pola tarde, cunha parada de polo menos unha hora para comer. O 27,46% traballa en xornada continua de mañá e o 10,88% ten un horario por quendas (unhas veces de mañá e outras de tarde).


CONCILIACIÓN


Ao 7,19% resúltalles moi fácil compaxinar a vida familiar e laboral, ao 55,10% resúltalles fácil, o 29,38% recoñece que lles é difícil compaxinar ambos os dous aspectos da vida e ao 8,33% resúltalles moi difícil.


O 29,33% dos ocupados recoñece sentirse case sempre demasiado canso despois de traballar como para encargarse dalgunhas tarefas do fogar. O 21,76% admite que o traballo sempre ou case sempre lle impide dedicar o tempo que querería á familia.


O 16,14% das mulleres recoñece que a súa situación laboral condiciona a súa decisión de ser nai; o 12,71% sente que o traballo inflúe na idade á que será nai e no 14,53% dos casos, o número de fillos que terá. Esta incidencia no caso dos homes é lixeiramente inferior.


AUTÓNOMOS


Os tres motivos principais que levaron aos traballadores por conta propia a fundar as súas propias empresas foron, por esta orde, a falta de oportunidades atractivas de emprego (o 27,6%), a tradición familiar, isto é, continuar cun negocio familiar (27,26%) e a ilusión por facer algo propio (21,18%).


Por outra banda, o principal inconveniente que percibiron os autónomos en 2016 foi a elevada carga fiscal: para o 63,76% do enquisados este foi un dos tres principais inconvenientes. Outras dificultades ás que se enfronta este colectivo son a existencia de períodos con poucos clientes, traballo e ingresos (para o 46,58%) e as excesivas horas de traballo (33,15%).

relacionada Báñez recoñece que os salarios están a quedar fóra da recuperación
relacionada O soldo medio en Galicia é de 3.000 euros menos ao ano que no resto de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE