Magín Froiz e Fernández Albor, medallas de Ouro ao Mérito no Traballo

Este galardón concédese para destacar o mérito dunha conduta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo. 


|

Fernandezalborfeijoo


O Consello de Ministros aprobou este venres a concesión de 15 medallas de Ouro ao Mérito no Traballo, coas que se distinguiu a traxectoria do empresario do sector da alimentación Magín Froiz e a do expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor.


Tamén foron distinguidos con esta medalla a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), no seu 40 aniversario; o xogador de baloncesto Pau Gasol, a nadadora paralímpica Teresa Perales e xornalistas como María Teresa Campos, Tico Medina e a recentemente falecida Paloma Gómez Borrero.


Inclúense na nómina de recoñecidos a bailarina e coreógrafa Aída Gómez, o exministro socialista Javier Moscoso, o expresidente de Ibercaja Amado Franco, o avogado e expresidente do CES de Córdoba Miguel Cuenca Valdivia, o saxofonista Pedro Iturralde, o dirixente histórico de CC.OO. Joaquín Navarro e o hostaleiro segoviano Alberto Cándido López Duque.


Este galardón concédese para destacar o mérito dunha conduta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo. Trátase dunha condecoración de carácter civil que se concede a persoas, asociacións, entidades ou empresas e é equiparable á categoría de Gran Cruz.


A medalla pode ser outorgada a título de premio individual ou como recompensa colectiva a corporacións, asociacións, entidades ou empresas para enaltecer servizos laborais prestados individual ou colectivamente con carácter exemplar e durante un tempo regulamentario.

relacionada Xosé Ramón Gayoso, entre os galardoados coa Medalla Castelao 2017
relacionada O Goberno concede a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil a Ignacio Echeverría

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE