​ADEGA propón implantar na Cidade da Cultura un centro de recuperación da fauna mariña

A asociación ecoloxista avoga este día dos Inocentes por "facer da necesidade, virtude" e aproveitar as piscinas das obras abandonadas.


|

Gaiascdcballena


O megalómano proxecto inacabado da Cidade da Cultura aínda pode ser aproveitable, ou así o pensa a asociación ecoloxista ADEGA, que acaba de propoñer neste día dos Inocentes o aproveitamento do Gaiás para cubrir unha necesidade de Galicia: "un grande centro de referencia para a recuperación da fauna mariña".


Nun comunicado, ADEGA chancea con "facer da necesidade, virtude" e usar as instalacións xa construídas no monte compostelán, ademáis de "darlle un novo uso ás piscinas existentes nas fochancas das obras abandonadas e á lagoa do denominado Xardín Literario". 


Gaiascdctortuga 1

A asociación ecoloxista tamén cre que outros espazos "infrautilizados poderían acoller os laboratorios (quirófanos, salas de necropsia, conxeladores, etc.)".


É COMPATIBLE COA VOCACIÓN DA CDC


ADEGA defende que "a vocación científica e divulgativa deste centro de recuperación de fauna mariña incardínase perfectamente co obxectivo da Cidade da Cultura: servir de 'receptáculo' das artes e da música". E cuestiona: "Por que non tamén da cultura científica?". Ao tempo, mantén que "a visión arquitectónica de Eisenman dunha paisaxe de lombos suaves e valgadas, que lembran aos lombos dos grandes cetáceos, cadra perfectamente coa estética e a ética deste práctico obxectivo".


ASUMIBLE ECONOMICAMENTE


No tema económico, coherentemente, ADEGA di que tanto os investimentos coma os prazos para poñer a funcionar este centro serían "moito menores" ca os de construír outras instalacións desde cero. Citan un proxecto pensado para Baiona, paralizado "precisamente por falta de cartos".

relacionada ​ADEGA alerta do aumento da contaminación das grandes industrias galegas
relacionada ​Plantas de biomasa como la de Curtis ya fueron "prohibidas" en otras regiones

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE