Catro voos afectados en Santiago pola folga en Ryanair, que encara xa a súa terceira xornada

Un total de catros voos con saída ou chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela víronse afectados na terceira xornada de folga de TCP de Ryanair.


|

Dous voos sufriron atrasos, pero outros dous, con saída e chegada entre Santiago de Compostela e Tenerife Sur, foron cancelados.

 

Esta é a terceira xornada de folga, iniciada o pasado 24 de xuño. As folga retomarase a próxima semana, a partir do 30 de xuño e ata o 2 de xullo. 

 

Folga ryanair
Folga Ryanair | Foto: RTVE

Un total de catros voos con saída ou chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela víronse afectados na terceira xornada de folga de TCP de Ryanair.

En concreto, hai dous voos que sufriron atrasos, mentres que outros dous con saída e chegada na capital galega e Tenerife Sur foron cancelados.

En toda España, este domingo foron cancelados 42 voos con orixe ou destino aeroportos españois ata as 13.00 horas, na terceira xornada de folga dos tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) de Ryanair, segundo informou USO.

Os sindicatos USO e Sitcpla convocaron folga para os tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) para os días 24, 25, 26 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo, nas dez basees da aerolínea en España --Madrid, Málaga, Sevilla, Alacante, Valencia, Barcelona, Xirona, Santiago de Compostela, Eivissa e Palma de Mallorca--.

Así, este domingo canceláronse xa 42 voos no marco da folga, que tamén coincide con paros convocados en Portugal, Bélxica e Francia. Ademais, 58 voos con saída en aeroportos españois sufriron atrasos nesta xornada.

O aeroporto de Málaga é o máis afectado cunha decena de saídas e oito chegadas canceladas, ademais de seis voos atrasados. Séguelle o Aeroporto de Barcelona O Prat, con seis saídas e seis chegadas canceladas, así como oito atrasos.

Así mesmo, o Aeroporto de Palma de Mallorca acumula xa atrasos en 13 voos, mentres se cancelaron unha saída e unha chegada

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE