Epic Race 2022: 300 ciclistas probando a súa resistencia polos montes de Pontevedra, Meaño, Portas, Moraña, A Lama, Mondariz e Redondela

A sexta edición da Epic Race, a proba de ultrarresistencia sobre bicicleta todo terreo máis prestixiosa de Galicia, volve durante a próxima fin de semana, do 4 e 5 de xuño, para percorrer o territorio xestionado por 97 comunidades de montes.

|

A proba está dividida en sete etapas que suman nada menos que 300 quilómetros. Unha distancia que os deportistas aspiran a completar sen pausas.  


Hai unha variante algo menos dura, pero é tamén moito treito, 5 etapas de 200 quilómetros.



Carmela Sila na presentación da Epic Race 2022

Carmela Sila en la presentación de la Epic Race 2022 



A sexta edición da Epic Race, a proba de ultrarresistencia sobre bicicleta todo terreo máis prestixiosa de Galicia, volve durante a próxima fin de semana, do 4 e 5 de xuño, para percorrer o territorio xestionado por 97 comunidades de montes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este xoves esta cita deportiva, acompañada de Josevi Cimadevila, director de Global DxT e representantes dos concellos de Pontevedra, Meaño, Portas, Moraña, A Lama, Mondariz e Redondela, nos que se sitúan as "estacións de paso" desta proba que transcorre por un total de 18 municipios.

Os xardíns do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolleu esta presentación na que se sinalou á Epic Race como un "escaparate da provincia" e o máximo expoñente do "turismo activo" que a Deputación quere promover.

A Deputación de Pontevedra é a principal patrocinadora da Epic Race, na que participarán un total de 300 ciclistas, dos que case o 20% son de Portugal.


MÁIS DUN DÍA SEGUIDO SOBRE O SILLÍN

A carreira, nas súas dúas distancias de 300 e 200 quilómetros, ten formato "non stop" e tempos límite de 28 horas e 19 horas respectivamente para completala. Hai categorías masculinas e femininas tanto en individual como en parellas e tamén nos equipos, que poden ser de ata tres ciclistas.

A proba está dividida en sete etapas coa estación de paso ao final de cada unha: Pontevedra-Meaño, Meaño-Portas, Portas-Moraña, Moraña-A Lama, A Lama-Mondariz, Mondariz-Redondela e, finalmente, Redondela-Pontevedra, que serven para realizar os avituallamientos e facer os controis de paso cos geolocalizadores. No caso dos equipos serven para a entrega da testemuña. 


O percorrido non está sinalizado, polo que se fai con navegación GPS. A meta e chegada está na avenida de Montero Ríos pontevedresa, fronte ao Pazo Provincial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE