Mínimo de positivos desde que empezou a gripalización da covid pero aínda morren case 5 galegos ao día


Os 502 casos abertos comunicados este luns é a menor cifra desde que empezou a estratexia de gripalización. Contribúen pois a que os índices de transmisión encadeen xa varias semanas á baixa, aínda que os seus niveis seguen sendo elevados.


|


Os 502 casos abertos comunicados este luns é a menor cifra desde que empezou a estratexia de gripalización. Contribúen pois a que os índices de transmisión encadeen xa varias semanas á baixa, aínda que os seus niveis seguen sendo elevados.


Por segundo luns seguido, o total de hospitalizados en planta é menor que o luns pasado. Iso implica que a alza de transmisión por fin déixase notar agora na presión hospitalaria. Cun pouco de sorte, os 741 do pasado martes poden acabar representando o pico desta onda.


Entre onte e hoxe só comunicouse un falecemento. Con todo, esta cifra é probablemente un espellismo, pois é habitual ue os falecidos da fin de semana non se comuniquen ata pasados uns días. O que verdadeiramente importa, a media semanal, segue sendo elevada, 4,29 falecementos cada xornada.






incidencia acumulada semanal baixa  ata  284  positivos por 100.000 habitantes.  Son xa catorce días seguidos de descenso, lento, pero descenso ininterrompido.  A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece,  ata 630,  e encadea trece días seguidos de rebaixa .


Hai que lembrar que co novo sistema só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro por exemplo. Tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 


O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo, por iso na gráfica hai dúas etapas diferenciadas con dúas cores diferentes, as súas cifras non son directamente comparables. Por outra banda, o cambio de método que reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.


O dobre da incidencia a 7 días é bastante menor que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 0,9,  por tanto na última semana houbo un   10% de positivos menos que na penúltima.  Son boas noticias, pois unha rebaixa do 10% é a máxima velocidade de melloría nesta onda. 


A taxa de positividade  segue roldando o 30% . A media semanal leva días estancada en torno ao 30,4%, non moi lonxe do máximo histórico de principios de mes, cando chegamos ao 31,6%.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un sorprendente -9,7 %.  Sorprendente porque é o maior descenso nun mes. Loxicamente, isto axuda a que a media semanal, que é o índice máis relevante,  sigua á baixa, -2,6%. Estamos a mellorar e a cada día ese descenso é un pouco máis veloz.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de -1.402    . O total é de  casos activos é de   12.974 


DATOS POR ÁREAS

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase que afortunadamente todos parecen superar o seu pico desta onda. As oscilacións semanais continúan pero o ritmo de descenso é máis pronunciado nos últimos días.  Ferrol de feito está a piques de lograr baixar dos 1.000 casos activos. 







A Coruña (111) e Vigo (101) son os distritos que máis positivos comunican hoxe e os únicos que superan a barreira dos 100, o que é normal por que son os máis poboados. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, incluídos 11 pacientes na UCI. En Lugo non queda nin un crítico.





ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A retirada da pandemia empeza a cobrar certa velocidade. Unha caída dos casos activos superior ao 10% semanal é unha cifra considerable. Desgraciadamente, os niveis de contagios no pico desta onda foron tan masivos que, a pesar de dúas semanas de melloría, aínda continúan sendo moi altos.

    Zb1Lg novos casos abertos de covid 19 en galicia


  • Que podemos esperar dos próximos días?  Transmisión á baixa e unha caída cada vez máis relevante da presión hospitalaria. Os luns afacían ser os días con peores datos de hospitalizacións. Levamos xa dous luns nos que non superamos a o luns anterior. Isto fainos pensar que por fin conquistamos o pico de presión hospitalaria en planta convencional nesta onda. Agora ben, aínda pode estar por chegar o pico de presión en UCI aínda que as cifras de enfermos críticos nunca foron elevadas, grazas ás vacinas e ás melloras nos tratamentos.
  • O si foron elevados, e aínda son, son as cifras de defuncións. As vacinas non impediron un fluxo constante de mortes entre as persoas máis vulnerables, debido a que entre eles os contagios tamén son masivos. Cada día que pasa están a morrer case cinco galegos con covid, uns niveis de mortes que non veiamos desde o inverno de 2020. É por iso que as administracións están a planear unha cuarta dósis, pois é evidente que a protección está a diminuír entre os maiores, cuxa terceira dósis púxose xa fai máis de seis meses.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE