Jácome anuncia o fin da folga de buses urbanos en Ourense tras o acordo entre comité e concesionaria

O preacordo será sometido a opinión dos traballadores e a súa aprobación supoñería a desconvocatoria da folga

|

O Concello anótase o tanto pola "mediación" de Pérez Jácome no conflito. O rexedor Ourensán permanece no ollo do furacán logo de agredir a unha sindicalista no primeiro día de folga.



O preacordo será sometido a opinión dos traballadores e a súa aprobación supoñería a desconvocatoria da folga, aínda que Jácome asegura que mañá xa non haberá folga. 


Ourense ju00e1come autobuses

Foto: Concello de Ourense


O comité de empresa e a concesionaria do servizo de autobuses urbanos de Ourense alcanzaron un principio de acordo para poñer fin á folga que vive a capital provincial desde o pasado 3 de maio.


O pacto para renovar o convenio será agora sometido a opinión dos traballadores, que deberán aceptar en asamble o acordado para a desconvocatoria dos paros.


INTERMEDIACIÓN DE JÁCOME

O rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, trasladaba durante a mañá deste mércores a través das súas redes sociais que existía un acordo entre os traballadores e a empresa concesionaria poñería fin á folga de servizos urbanos, algo que o comité de empresa desmentiu pouco tempo máis tarde afirmando que "quen pode desconvocar a folga é quen a convocou".



Deste xeito, recoñecían ter unha reunión coa Alcaldía, primeiro os traballadores e despois os representantes da concesionaria, aínda que por quendas. Iso si, mostráronse "agradecidos" porque o alcalde intermediara "nunhas físgoas por resolver".


Así, apuntaban "avances no compromiso" da empresa para "asumir reivindicacións" laborais, pero con cuestións aínda por matizar na reunión mantida esta tarde coa axencia galega de mediación.


"Do cómputo de xornada que pediamos e dos IPCS houbo unha parte que xa se puxo onte sobre a mesa e quedou acordada, pero onte había físgoas, así que o acordo non era o idóneo", apuntaron fontes do comité de empresa, que recoñecía que "había boas perspectivas" para alcanzar un acordo.


REUNIÓNS PARA O NOVO CONVENIO

Así as cousas, se se aproba por maioría na asemblea de traballadores esta noite ás 23,00 horas, a folga quedará automaticamente desconvocada tras nove días de paros.


En próximas datas, os días 19 e 26 de maio, continuarán as reunións para negociar outros puntos do novo convenio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE