CaixaBank presenta un ecosistema de innovación para o sector agrícola e gandeiro


|

AgroBank, liña de negocio dirixida á actividade agroalimentaria, conta con máis de 1.175 oficinas, máis dunha ducia en Galicia. Conta con xestores especializados que ofrecen asesoramento personalizado aos clientes. 


Oficina de AgroBank

 Oficina de Agrobank /@caixabank


CaixaBank impulsou un ecosistema de innovación agroalimetaria en España a través de AgroBank, segundo un comunicado da entidade este mércores.


A finalidade é favorecer o investimento para a modernización das explotacións agrarias e promover a súa maior competitividade.


Entre as iniciativas que integran este ecosistema de innovación, atópase o programa lanzado xunto co Consello Europeo de Innovación (EIC) para acelerar a dixitalización do sector agroalimentario implantando solucións de startups.


Este programa recibiu 109 proxectos, dos que se seleccionaron dez finalistas que presentarán as súas propostas ao sector no marco da feira Food 4 Future World Summit, que se celebrará en Bilbao entre o 17 e o 19 de maio.


Neste encontro, a entidade tamén presentará o Informe Sectorial Agroalimentario 2022 no que se abordan os retos do sector derivados do conflito en Ucraína, así como un monográfico sobre a auga.


AgroBank forma parte do grupo de empresas fundadoras de 'A Digitalizadora Agraria', un proxecto de transformación do sector en España, que concorrerá ao PERTE Agroalimentario e que impulsará seis agrohubs.


A iniciativa aposta por iniciativas que melloran a competitividade, sustentabilidade, rastrexabilidade e a seguridade alimentaria en todas as fases da cadea de valor.

Crecemento de AgroBank (CaixaBank)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE