Covid municipios: Ferrol (-21%) lidera a caída de positivos semanais nunhas urbes aínda no peor nivel posible de transmisión

Onde xa se nota moitísimo a melloría é no mapa de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas . Onde antes había un case monopolio de tonalidades vermellas, agora domina claramente o verde; o que quere dicir que a maioría de municipios galegos xa está a reducir os seus positivos desde unha perspectiva semanal. De feito, xa non queda ningunha cidade en vermello.


|


O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que os primeiros indicios de melloría a nivel Galicia empezan a deixarse notar antes por unha das zonas máis despobladas, o Macizo Central de Ourense. Vilariño de Conso, Laza, Castrelo de Val son tres dos dez concellos galegos que non están no peor nivel posible, por encima dos 250 positivos por 100.000 habitantes, en negro no mapa. Os outros sete son Cenlle, Petín, Muiños, O Bolo e Beariz en Ourense e Negreira de Muñiz  e San Xoán de Río en Lugo.

Onde xa se nota moitísimo a melloría é no mapa de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas . Onde antes había un case  monopolio de tonalidades vermellas, agora domina claramente o verde; o que quere dicir que a maioría de municipios galegos xa está a reducir os seus positivos desde unha perspectiva semanal. De feito, xa non queda ningunha cidade en vermello.



Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 




Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a sumar menos de 10 á semana.  


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,9; o que quere dicir que na última semana houbo un  10% menos de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, a cidade en verde máis escuro é Ferrol, cunha caída semanal dos positivos do 21%.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior  a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Cualedro, Riós e O Incio presentan incrementos semanais superiores ao 50%. Hai que ter en conta, iso si, que os municipios con poboacións reducidas, como estes tres, son os máis proclives a sufrir fortes vaivéns na súa razón de taxas.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en  branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, Becerreá e Guntín.


En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo hoxe case todos os do Macizo Central salvo algunha excepción como Maceda. 





VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal  respecto a ese cómputo onte:

  • OURENSE -46
  • LUGO -28
  • MOAÑA -26
  • ARTEIXO -21
  • LALIN -21
  • GONDOMAR -18
  • VIGO -17
  • NARON -14
  • ILLA DE AROUSA -14
  • ORDES -12
  • CANGAS -11
  • MARIN -11
  • NIGRAN -11
  • REDONDELA -10 


Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo diario respecto a ese cómputo onte: 

  • SANTA COMBA +10
  • CALDAS DE REIS +10
  • BARBADAS +11
  • QUIROGA +12
  • MOS +12
  • PONTEVEDRA +14
  • MONFORTE DE LEMOS +15
  • BARALLA +17
  • CORUÑA (A) +32 


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia semanal de casos activos é moi levemente á baixa tras catro días consecutivos de reducións. Melloría que  está máis consolidada nuns distritos que noutros.  Ferrol e Lugo son os que presentan curvas máis planas, mintas a melloría no resto é moito máis recente e menos pronunciada. De feito, hoxe empeoran case todos.



 


POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA  HOXE 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, coa de Pontevedra e O Salnés á cabeza, ao subir a 89 os pacientes Covid en hospitalización convencional --nove máis--, mentres que seguen sete ingresados en UCI.

Na de Santiago e Barbanza segue seis pacientes Covid en UCI e aumentan a 89 os ingresados noutras unidades --oito máis--; mentres que na de Ourense, aínda que descenden a sete os críticos --dous menos--, increméntanse a 80 os doutras unidades --sete máis--.

Polo seu lado, na área da Coruña e Cee mantéñense 11 pacientes Covid en UCI e aumentan a 140 os ingresados noutras unidades --cinco máis--; mentres que na de Vigo seguen oito en críticos e soben a 90 os hospitalizados noutras unidades --catro máis--.

Na área de Lugo aumentan a sete o críticos --un máis-- e a 60 os hospitalizados en unidades convencionais --catro máis--; mentres que na de Ferrol continúa un paciente Covid en UCI e aumentan a 34 os ingresados noutras unidades --uno máis--.



GZFbz evoluci n positivos covid concellos galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE