Covid por concellos: todas as áreas sanitarias e todas as cidades perden casos activos no inicio da desescalada

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que o conxunto das áreas sanitarias empezan a acusar o principio do fin da sexta onda. Este descenso nótase nas cifras totais e no das áreas, que comezan a dobrar a curva e prometen facelo a un ritmo tan alto como foi o da súa subida.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que o conxunto das áreas sanitarias empezan a acusar o principio do fin da sexta onda. Este descenso nótase nas cifras totais e no das áreas, que comezan a dobrar a curva e prometen facelo a un ritmo tan alto como foi o da súa subida.


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,91; o que quere dicir que na última semana houbo un 9% menos de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Petín alcanza hoxe o valor máximo neste capítulo: 0.



Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Cualedro é o municipio que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,59. As cidades están xa todas en verde. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe atopamos a Rois, Carral ou Samos.


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Verín +20
  • Allariz +18
  • O Porriño +18
  • Outes +13
  • Mos +13
  • Poio +9
  • Ponteceso +7
  • Catoira +7
  • Celanova +6
  • Riós +6
  • Ponteareas +6
  • Carral +5
  • Dumbría +5
  • Laracha +5
  • Melide +5
  • Noia +5
  • Tordoia +5
  • Cariño +5
  • Caldas de Reis +5
  • Silleda +5




Relación de cidades e concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe quince casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo -91
  • A Coruña -89
  • Lugo -76
  • Cabrallo -63
  • Rubiá -32
  • Moaña -31
  • Cangas -29
  • Vilagarcía de Arousa -28
  • Ourense -23
  • Pontevedra -22
  • Marín -21
  • Tomiño -21
  • Santiago de Compostela -20
  • Vilalba -20
  • Narón -19
  • Ordes -18
  • Boiro -17             
  • Viveiro -17
  • A Illa de Arousa -17
  • Oleiros -16
  • Redondela -16
  • Ferrol -13



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Galicia rexistra un descenso nos casos activos, con 75.585 casos, 2.444 menos nas últimas 24 horas ao haber máis altas (7.796) que contagios (5.354), ademais de dous falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas. O máis acusado preséntao o distrito sanitario de Vigo (-614), seguido por Santiago (-470), Lugo (-399), A Coruña (-383), Pontevedra (-228), Ourense (-219) e Ferrol (-131).

Por tanto, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 20.246; seguida da da Coruña e Cee, con 15.814; Santiago e Barbanza, con 11.380; Pontevedra e O Salnés, con 9.030; Ourense, con 7.753; Lugo, con 7.621; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.741.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 21 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días descende de novo lixeiramente en Galicia a 3.259,07 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.418,46 de media en España, que se incrementa.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do sábado, baixan a 48 as persoas ingresadas en UCI pola covid-19 en Galicia --una menos--, pero soben as hospitalizadas noutras unidades, 544, --42 máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en seis das sete; só Pontevedra presenta menos hospitalizados, con 80 pacientes en unidades convencionais --un menos--, e sete en críticos --sen cambios--.

Así, na da Coruña e Cee baixan a 11 o críticos --un menos--, pero increméntanse os hospitalizados noutras unidades, 135 --sete máis--, mentres que na de Ourense tamén se rexistra un aumento nos ingresados por covid en planta, 73 --nove máis--, aínda que continúan con nove hospitalizados en UCI --sen cambios--.

A área de Santiago e Barbanza mantén a seis pacientes covid en UCI --sen cambios-- e 81 noutras unidades --uno máis--, mentres que na de Ferrol non hai cambios en críticos, un, e soben a 33 os ingresados noutras unidades --tres máis--.

Pola súa banda, a de Lugo tampouco notifica cambios en coidados intensivos, onde continúa con seis pacientes, e conta con 56 hospitalizados en planta --seis máis--; mentres que a de Vigo presenta 86 pacientes en unidades convencionais --17 máis-- e oito en UCI --sen cambios--.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE