Covid por concellos: Ourense (-12) a única cidade que baixa; A Coruña (+326) e Santiago (+105) as que máis soben

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que tan só tres municipios aguantan sen caer no nivel de risco máximo: Quintela de Leirado, Muras e A Teixeira, estes dous últimos aínda en nova normalidade. Os demais, os 310 concellos restantes, están en negro. A sexta onda de afrouxa o ritmo.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que tan só tres municipios aguantan sen caer no nivel de risco máximo: Quintela de Leirado, Muras e A Teixeira, estes dous últimos aínda en nova normalidade. Os demais, os 310 concellos restantes, están en negro. A sexta onda de afrouxa o ritmo. 



Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,24; o que quere dicir que na última semana houbo un 24% máis de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Rubiá, Láncara, Forcarei, Ourol, Paderne, Becerra ou Nogueira de Ramuín.



Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que é a urbe que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,30.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe atopamos a Friol, Xermade, Paderne de Allariz e Baños de Molgas.


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe 20 casos ou máis respecto a ese total onte: 


  • A Coruña +326
  • Santiago de Compostela +105
  • Pontevedra +97
  • Carballo +87
  • Ferrol +67
  • Vigo +60
  • Lugo +59
  • Marín +55
  • Vilagarcía de Arousa +51
  • Arteixo +43
  • Culleredo +40
  • Sanxenxo +32
  • Rubiá +30
  • Chantada +29
  • Vilalba +29
  • Narón +27
  • Gondomar +25
  • Moaña +25
  • A Illa de Arousa +25
  • Lalín +24
  • Noia +23
  • Allariz +23
  • A Guarda +23
  • Ribadeo +22
  • Boiro +21
  • Cambados +21
  • Tomiño +21
  • O Barco de Valdeorras +20



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe catro casos ou máis respecto a ese total onte: 


  • Mos -15
  • Cariño -13
  • Larouco -13
  • Ourense -12
  • Pazos de Borrlon -12
  • O Porriño -10
  • Pontedeume -9
  • Ares -7
  • Muxía -7
  • Vimianzo -7
  • Carballeda de Valdeorras -7       
  • Mondariz -7
  • Xove -6
  • Boqueixon -5
  • Barbadás -5
  • Ribadavia -5
  • Oleiros -4
  • Cervantes -4
  • O Bolo -4
  • Castrelo do Val -4
  • Xinzo de Limia -4
  • Verín -4



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente --tras a adaptación este xoves pasado por parte do Sergas do novo protocolo de altas de pacientes infectados pola Covid que reduce os días de corentena--, e superan a barreira dos 70.000, concretamente 72.441, que supoñen 2.724 máis que o día anterior.

Por áreas sanitarias, o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.158), seguida da da Coruña e Cee (+611), Pontevedra e O Salnés (+407), Lugo (+333), Santiago (+123), Ourense (+59) e Ferrol (+33).

Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 18.647; seguida da da Coruña e Cee, con 14.656; Santiago e Barbanza, con 10.829; Ourense, con 8.400; Pontevedra e O Salnés, con 8.319; Lugo, con 7.547; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.043.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 14 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia aumenta a 3350,78 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3192,46 de media en España.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do sábado, baixan a 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas menos--, pero ascenden a 515 as hospitalizadas noutras unidades --32 máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, menos na Coruña, onde se mantén, aínda que cambia a repartición de pacientes por planta. Así, a área coruñesa conta con 126 pacientes en planta --tres máis--, pero con 14 en UCI --tres menos--.

Así, Vigo mantén a 10 pacientes Covid en UCI pero rexistra 78 noutras unidades --catro máis--; Ourense continúa con oito hospitalizados en críticos, pero con 75 en unidades convencionais --sete máis--; e Ferrol, que tampouco rexistra cambios en UCI, con tres pacientes, ten a 32 en planta --cinco máis--.

En Lugo, son seis os ingresados en críticos --un máis-- e 57 en planta --cinco máis--; en Pontevedra hai oito hospitalizados en UCI --sen cambios-- e 69 noutras unidades --cinco máis--; mentres que a área de Santiago e Barbanza continúa con cinco pacientes en críticos --sen cambios--, pero rexistra 78 noutras unidades --tres máis--. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE