Amnistía Internacional asegura que a reforma da "Lei Mordaza" é pouco máis que unha "maquillaxe"
Maquillaxe, chapa e pintura, unha cortina de fume... Este tipo de expresións son as que Amnistía Internacional usa para cualificar os intentos do Goberno de España, compostos por PSOE e Unidas Podemos, para reformar a controvertida Lei de Seguridade Cidadá, máis coñecida como "Lei Mordaza" e unha as promesas de Pedro Sánchez.

Protestas contra a "Lei Mordaza" | Foto: EP
"A reforma proposta da Lei de Seguridade Cidadá por parte do goberno de coalición está máis preto dunha maquillaxe da versión actual da norma que dunha derrogación dos seus artigos máis preocupantes para a liberdade de reunión expresión e información", sinalan desde a organización internacional.
A organización alerta de que, de aprobarse o actual borrador, o dereito á protesta pacífica e a liberdade de expresión seguirían "gravemente ameazados" ao non modificar en profundidade ou eliminar os artigos que de maneira recorrente afectaron gravemente ao exercicio destes dereitos, e ao non establecer mecanismos independentes de supervisión da actuación policial.
Escribe o teu comentario