"Non consumas Ram, Puleva, President, Larsa e Central Leiteira Asturiana" reclaman gandeiros galegos

Menos tractoradas e máis redes sociais. A loita dos produtores galegos por un prezo xusto para o seu leite está a adaptarse aos tempos. Gandeiros retirando leite Larsa nunha caseta dun hipermercado de Santiago nunha imaxe de Unións Agrarias Fronte ás tractoradas, que colapsaban as cidades e poñían a parte da cidadanía na súa contra, agora os gandeiros están apostan por outras medidas, como o envío de mensaxes en cadea.


|

Menos tractoradas e máis redes sociais. A loita dos produtores galegos por un prezo xusto para o seu leite está a adaptarse aos tempos. 


Gandeiros retirando leite Larsa nunha caseta dun hipermercado de Santiago nunha imaxe de Unións Agrarias

Gandeiros retirando leite Larsa nunha caseta dun hipermercado de Santiago nunha imaxe de Unións Agrarias 



Fronte ás tractoradas, que colapsaban as cidades e poñían a parte da cidadanía na súa contra, agora os gandeiros están apostan por outras medidas, como o envío de mensaxes en cadea. Por exemplo, o que estes días estase viralizando por grupos de Whatsapp e de Telegram que reclama "non merquedes leite destas marcas que están a machucar aos/as gandeiros/as galegos/as: RAM, PULEVA, PRESIDENT, LARSA e CENTRAL LEITEIRA ASTURIANA".


Estas son as principais marcas no país de Lactalis e Capsa. Estas dúas industrias non galegas son as que máis cantidade de leite recollen no país. Son tamén as que o sindicato Unión Agrarias puxo no punto de mira ao retirar os seus bricks do Carrefour das Cancelas en Santiago. Acúsaas de non sentar a negociar que o incremento do prezo do leite que xa pagan os consumidores finais trasládese aos produtores.


As dúas empresas reaccionaron denunciando "prácticas ilegais" e presumindo de que continúan nos lineais de supermercados.  Días despois o sindicato advertiu  a Lactalis e a Central Leiteira Asturiana de que ven forzados a facer "un boicot" aos produtos de ambas as empresas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE