​Luís César pode saír moi caro ao CD Lugo: reclama 216.000 euros polo seu despedimento

O extécnico arousán, destituído o pasado curso, inicia un proceso contra lle entidade lucense.


|

O extécnico arousán, destituído o pasado curso, inicia un proceso contra a entidade lucense.


Luís cesar

Luís César na súa presentación no CD Lugo | Foto: CD Lugo


Se xa as arcas albivermellas non son especialmente nutridas, agora preséntase unha fronte inesperada que as pode baleirar aínda máis. Luís César, o que fose técnico do CD Lugo en dúas etapas, reclama á entidade 216.000 euros como indemnización logo de ser despedido o pasado curso, cando non foi capaz de levantar o voo do equipo, incapaz de gañar en oito partidos con el á fronte do banco.


Luís César regresou ao AnxoCarro, onde callara unha exitosa primeira etapa, para remplazar a Mehdi Nafti, que foi de máis a menos como técnico do club. O de Vilagarcía de Arousa foi o terceiro dos catro adiestradores do Lugo a tempada pasada, que acabou salvando Rubén Albés, actual inquilino do tallo. Con Luís César o Lugo só fixo tres puntos de 24 posibles, celebrou tres goles e foi incapaz de gañar: tres empates.


Con esa bagaxe tan pobre, a ninguén sorprendeu a destitución de Luís César a falta de sete xornadas. Si pilla coa perna cambiada esta denuncia, que avanza La Voz de Galicia, na que reclama as nóminas e a primea pola permanencia do ano pasado, así como salarios e o premio da eventual salvación deste ano, no que concluía o contrato alcanzado con Luís César. Agora será a Xustiza a que dirimirá se ese cuarto de millón que reclama acaba na conta do adestrador arousán.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE