Inés Rey anuncia que A Coruña e París estarán máis preto a partir de decembro coa conexión de Vueling​

A compañía Vueling conectará A Coruña con París entre os meses de decembro e marzo, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, ao termo da Xunta de Goberno.



|

A alcaldesa da cidade herculina anunciou que Vueling operará en Alvedro de decembro a marzo cunha conexión coa capital francesa. 


Catro datas en decembro, dous en xaneiro, tres en febreiro e outras tres en marzo para viaxar a París. 


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, informa da conexión con VuelingInés Rey | Foto: EP


A compañía Vueling conectará A Coruña con París entre os meses de decembro e marzo, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, ao termo da Xunta de Goberno.

En decembro serán os días 18, 23, 27 e 30. Pola súa banda, en xaneiro estará dispoñible os días 3 e 5. As xornadas de febreiro serán o 19, 22 e 26, mentres que as de marzo centraranse no 1, 5 e 8 dese mes.

A alcaldesa apuntou que estas datas coinciden co período estival francés e que se trata de "potenciar" A Coruña como destino turístico, ademais de que que os coruñeses poidan ir visitar París.

Supón tamén a primeira conexión internacional tras a pandemia. "É unha moi boa noticia", expuxo a rexedora, que insistiu en que o obxectivo é que A Coruña "volva despegar a nivel turístico e económico".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE