Covid por concellos: Barbadás e Caldas de Reis os que máis crecen; Pontevedra máis preto da nova normalidade

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a cidade de Pontevedra aproxímase cun gran descenso a abandonar o nivel de risco baixo no que se atopa, como Santiago de Compostela. Vigo e A Coruña, en cambio, empeoran.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a cidade de Pontevedra aproxímase cun gran descenso a abandonar o nivel de risco baixo no que se atopa, como Santiago de Compostela. Vigo e A Coruña, en cambio, empeoran. 


Caldas de Reis é, con Abadín, o único municipio no nivel de alerta extremo. Barbadás, O Saviñao e Toques en risco alto.


O Rosal, Baiona, Bueu, Burela, Baralla, Castroverde e Zas pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. A Illa de Arousa, A Guarda, Xunqueira de Ambia, Fonsagrada e Muros fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,01; o que quere dicir que na última semana houbo un 1% menos de positivos que na penúltima. 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 



  • Vigo 0,86
  • Pontevedra 0,80
  • Santiago de Compostela 0,76



Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 



  • Barbadás 2
  • Caldas de Reis 2
  • Ourense 1,29
  • A Coruña 1,07


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 


  • Vigo +2
  • A Coruña +1
  • Caldas de Reis +1


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Pontevedra -4
  • Ourense -1


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Esta semana comeza cun lixeiro aumento dos casos activos ata os 419, que supoñen catro máis que a xornada anterior, ao haber máis contagios (24) que altas (20), polo que Galicia encadea dúas xornadas consecutivas de incremento.

En concreto, as infeccións activas aumentan en catro das sete áreas sanitarias: Vigo (+6), Lugo (+6), Pontevedra e O Salnés (+2) e Ourense (+1), mantéñense sen cambios en Ferrol e descenden nas de Santiago e Barbanza (-7) e A Coruña e Cee (-4).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee segue como a única por encima do centenar de casos, con 130; seguida da de Vigo, con 70; Santiago e Barbanza, con 69; Pontevedra e O Salnés, con 51; Ourense, con 42; Lugo, con 33; e Ferrol mantense á cola, con 24.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia arrinca esta semana, tras a primeira fin de semana fóra de emerxencia sanitaria --estado que abandonou o venres pasado--, cun lixeiro aumento dos casos activos de Covid-19, que se sitúan en 419, e un descenso dos novos contagios a 24 --dez menos--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 25. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa a un 1,06 por cento na Comunidade galega.


Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, continúan sete persoas ingresadas en UCI e noutras unidades convencionais permanecen 18 hospitalizados, mentres que 394 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.


Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na da Coruña e Cee, onde seguen tres pacientes Covid en UCI, pero baixan a catro os ingresados noutras unidades --uno menos--; e soamente aumenta na de Ourense, que continúa sen críticos e rexistra tres ingresados en planta --uno máis--.


Nas outras cinco áreas sanitarias non hai cambios con respecto á xornada pasada. Así, a de Vigo mantense sen pacientes Covid en UCI e con seis noutras unidades; a de Santiago e Barbanza segue sen críticos e con tres en planta; e a de Ferrol, con dúas en unidades convencionais.

Pola súa banda, na área de Lugo hai tres pacientes Covid en UCI e ningún noutras unidades; e na de Pontevedra e O Salnés hai un en críticos e segue sen ingresados en planta por este coronavirus.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE