Corre risco o equipo de cirurxía de urxencias do CHUAC? Satse afirma que si; o hospital négao​

O Sindicato de Enfermería (Satse) na Coruña denunciou a posible redución de equipos de cirurxía en urxencias no complexo hospitalario da Coruña (Chuac), "ao pretender a xerencia prescindir dun ou dous dos tres equipos cos que actualmente conta o centro hospitalario, dependendo da demanda puntual".



|

Desde o Sindicato de Enfermería advirten que podería producirse unha redución de equipos de cirguía nas urxencias do CHUAC. Poderían reducir "un ou dous" dos tres equipos. 


A pesar da denuncia, o centro hospitalario herculino sostén que a "asistencia" está "garantida".


Chuac

Urxencias do CHUAC | Foto: EP


O Sindicato de Enfermería (Satse) na Coruña denunciou a posible redución de equipos de cirurxía en urxencias no complexo hospitalario da Coruña (Chuac), "ao pretender a xerencia prescindir dun ou dous dos tres equipos cos que actualmente conta o centro hospitalario, dependendo da demanda puntual".


"A alta demanda asistencial acumulada tras meses de pandemia obriga ao Chuac a buscar novos equipos que poidan liquidar os problemas da lista de espera en cirurxía".

"Aínda que é certo que para traballar nesta unidade é necesario contar con experiencia, e non existen moitos profesionais, o hospital conta cunha lista de enfermeiras dispoñibles para facer gardas extra". "O problema xorde cando a xerencia pretende rebaixar o prezo por xornada que viña abonando ata o momento a estas profesionais, pasando dos 210 aos 120 euros", engade.


"Moitas enfermeiras xa mostraron o seu desacordo e renunciaron a traballar baixo esas condicións económicas, polo que a xerencia tomou a drástica decisión de quitar, dependendo das necesidades, un ou dous dos tres equipos de urxencias para liquidar a lista de espera no quirófano, á conta de deixar o servizo de urxencias en mínimos", argumenta o Satse.


Pola súa banda, fontes do complexo hospitalario han manifestado a Europa Press que a asistencia aos pacientes que necesiten un procedemento cirúrxico de urxencia está "absolutamente garantida".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE