Estudantes de varias facultades da Universidade da Coruña protesta pola supresión de autobuses

O colectivo Erguer promove este xoves, ás 09,00 horas, unha sentada, ante o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña contra a "suspensión das liñas de autobús que comunican as facultades de Turismo e Filoloxía", sinala en relación ás obras que se están acometendo no campus da Zapateira.

|

A liña 24 non é suficiente porque xa vai saturada,argumenta o colectivo estudantil nacionalista Erger.


Estudantes promoven unha sentada na UDC para reclamar transporte público


O colectivo Erguer promove este xoves, ás 09,00 horas, unha sentada, ante o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña contra a "suspensión das liñas de autobús que comunican as facultades de Turismo e Filoloxía", sinala en relación ás obras que se están acometendo no campus da Zapateira.

"Deixando ás alumnas destas sen un medio de transporte público co que achegarse aos seus centros de estudo", asegura a organización que afirma que os estudantes deben realizar "un longo percorrido a pé" para chegar.

Ademais, engaden que isto "imposibilita, na práctica, o acceso do alumnado con impedimentos de mobilidade ás súas facultades". "Ante isto, nin o concello nin a universidade ofreceron alternativas prácticas que alivien esta situación, posto que outras liñas que pasan pola zona, como a 24, xa se atopan conxestionadas dada a súa escasa frecuencia".

"Esta situación parece prolongarse no tempo sen ningunha vontade aparente por ofrecer solucións, a pesar de que se asegurou que as obras e os cortes no transporte terminarían en agosto", indican. Pola súa banda, o pide ao goberno local que se dea ao estudantado "un servizo adecuado" ante o "recorte de prestacións" neste campus.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE